Aprobación do borrador da acta da sesión anterior.- Aprobouse por unanimidade.
Aprobación do anteproxecto e acordos relativos á obra denominada “Colector xeral e EDAR de Rodeiro”. Aprobáronse por unanimidade.
Moción do grupo municipal do Partido Popular relativa á estrada Rodeiro-Piñor. Aprobouse pola maioría de cinco votos a favor (grupo municipal do Partido Popular e Sr. alcalde), catro en contra (grupo municipal socialista) e unha abstención (Sr. García Deza).
Moción do grupo municipal mixto relativa á restauración da eira pública de Os Vilares.- Aprobouse por unanimidade.
Moción do grupo municipal mixto relativa á recuperación do recinto feiral de Río.- Aprobouse por unanimidade.
A Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o día 26 de agosto de 2008, acordou realizar convocatoria pública para a contratación, con carácter laboral temporal das seguintes prazas :
Mestre do Punto de Atención á Infancia (PAI).
Peón de servizos diversos.
Técnico informático (xornada parcial).
Arquitecto/Arquitecto Técnico (ata 31 de decembro de 2008).
A selección das prazas realizarase polo sistema de concurso de valoración de méritos, agás da de peón que o será por concurso-oposicón, segundo as bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local que se conteñen nos arquivos anexos.
O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro luns día 1 de setembro de 2008.
Corrección: por mor da demora na publicación do anuncio no diario, o remate do prazo de presentación de solicitudes rematará o videniro martes día 2 de setembro
Acceder a Descargar Anexos
O Sr. alcalde asinou no día de hoxe a convocatoria da sesión ordinaria do Pleno do Concello que se celebrará o vindeiro venres día 29 de agosto de 2008, ás 12 horas da mañá, no salón de sesións da Casa do Concello, de conformidade coa seguinte Orde do Día :
1. Aprobación, se procede, do borrador da acta da sesión anterior.
2. Aprobación do anteproxecto e acordos relativos á obra denominada
"COLECTOR XERAL E EDAR DE RODEIRO".
3. Moción do grupo municipal do Partido Popular relativa á estrada Rodeiro-Piñor.
4. Moción do grupo municipal mixto relativa á restauración da eira pública Os Vilares.
5. Moción do grupo municipal mixto relativa á recuperación do recinto feiral de Río.
6. Rogos e preguntas.
Mañá venres día 4 de xullo inaugurarase a temporada de verán na piscina municipal de Rodeiro. As instalacións abrirán ao público de martes a domingo, ambos inclusive, en horario de 12 a 14 horas da mañá e de 15,30 a 20,30 horas da tarde. Os luns permanecerá pechada ao público. Os usuarios deberán cumprir a normativa vixente así como as instruccións do persoal encargado. O acceso e o uso das instalacións é libre e gratuíto.
O Concello convoca unha praza de educador/a familiar para o desenvolvemento do programa de educación familiar no ámbito municipal, subvencionado pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro martes día 8 de xullo.
Solicitude á Deputación Provincial do cambio de destino de parte do anticipo núm. 753/05. Aprobouse pola maioría de catro votos a favor (grupos municipais socialista e IdR, co voto de calidade do Sr. alcalde) e catro en contra (grupo municipal do PP).
Aprobación inicial do orzamento xeral do Concello para o exercicio de 2008. Aprobouse pola maioría de seis votos a favor (grupos municipais socialista e IdR) e catro en contra (grupo municipal do PP).
Na sesión convocada polo Sr. alcalde para mañá día 1 de xullo, ás 18 horas da tarde, someterase á aprobación do Pleno do Concello o proxecto de orzamento xeral do Concello para o exercicio de 2008, por importe total, tanto en gastos como ingresos, de 2.388.000,00 €. A desagregación por capítulos atópase na descarga asociada.
- Aprobación do borrador da acta da sesión anterior.- Aprobouse por unanimidade.
- Acordo de adhesión do Concello á Asociación impulsora do pacto territorial de emprego de Deza-Tabeirós e nomeamento de representante do Concello.- Aprobouse pola maioría de sete votos a favor (grupos municipais socialista, IdR e mixto) e catro abstencións (grupo municipal do PP). Desígnase representante ao Sr. alcalde.
- Acordo de adhesión do Concello ao pacto territorial de emprego de Deza-Tabeirós e nomeamento de vogal na asemblea xeral.- Aprobouse pola maioría de sete votos a favor (grupos municipais socialista, IdR e mixto) e catro abstencións (grupo municipal do PP). Desígnase vogal ao Sr. alcalde.
- Acordo de modificación parcial dos estatutos da Mancomunidade de Terras de Deza.- Aprobouse por unanimidade.
Moción do grupo municipal mixto sobre colocación de recolectores de reciclaxe en todas as parroquias.- Aprobouse por unanimidade.
- Moción do grupo municipal mixto relativa á mellora das infraestruturas no Concello de Rodeiro.- Rexeitouse pola maioría de seis votos en contra (grupos municipais socialista e IdR) e cinco a favor (grupos municipais do PP e mixto).
- Moción do grupo municipal mixto sobre a mellora do servizo de retransmisión televisiva.- Aprobouse por unanimidade.
- Moción do grupo municipal mixto relativa á colocación de parques infantís polas parroquias de Rodeiro.- Rexeitouse pola maioría de seis votos en contra (grupos municipais socialista e IdR) e cinco a favor (grupos municipais do PP e mixto).
- Moción do grupo municipal mixto sobre calendario de apertura e peche da piscina municipal.- Aprobouse por unanimidade.
- Moción do concelleiro-delegado de agricultura, gandería e medio ambiente sobre a cota láctea.- Aprobouse por unanimidade.
As listas cobratorias do imposto sobre Bens e Inmobles do exercicio 2008 poranse ó dispor do público nos locais do Concello de Rodeiro, desde o día 1 de xullo ó día 31 de xullo de 2008, ambos inclusive, podendo presentar, no prazo dun mes, desde o 1 ata o 31 de agosto de 2008, ambos inclusive, as reclamacións procedentes perante a Dirección do Oral.
Os contribuíntes afectados poderán realizar o pago do imposto do 1 de xullo ó 2 de setembro do ano 2008, ámbalas dúas datas inclusive. Tendo en conta que o prazo límite de ingreso será o 2 de setembro.
Máis información na descarga asociada.
O Sr. alcalde asinou no día de hoxe a convocatoria da sesión extraordinaria do Pleno do Concello que se celebrará o vindeiro martes día 1 de xullo de 2008, ás 18 horas da tarde, no salón de sesións da Casa do Concello, de conformidade coa seguinte Orde do Día :
1.- Solicitude á deputación provincial do cambio de destino de parte do anticipo núm. 753/05.
2.- Aprobación inicial do orzamento xeral do Concello para o exercicio de 2008.
Con data 18 de xuño a Sra. delegada provincial da Consellería de Innovación e Industria dictou resolución pola que concede ao Concello unha subvención por importe de 154.570,38 € (94.792,38 € no ano 2008 e 59.778,00 € no ano 2009) para o financiamento do proxecto denominado “Humanización da rúa A de Rodeiro”. A cantidade concedida supón o 70 % do investimento total da obra que ascende á cantidade de 220.814,83 €. O 30 % restante corresponde á achega municipal.
As obras inicialmente previstas consisten na humanización de 150 metros lineais da rúa, mediante a súa ordenación cunha calzada de pavimento flexible asfáltico cun sentido único de circulación, a instalación de beirarrúas de 2,30 metros de ancho de loseta prefabricada de cemento e aparcamentos en liña a ambos lados das beirarrúas. Asemade inclúese a reposición de todos os servizos urbanísticos afectados (auga, sumidoiros, alumeado, etc.).
O Sr. alcalde asinou no día de hoxe a convocatoria da sesión ordinaria do Pleno do Concello que se celebrará o vindeiro venres día 27 de xuño de 2008, ás 12 horas da mañá, no salón de sesións da Casa do Concello, de conformidade coa seguinte Orde do Día :
1.- Aprobación, se procede, do borrador da acta da sesión anterior.
2.- Acordo de adhesión do concello á asociación impulsora do pacto territorial de emprego de deza-tabeirós e nomeamento de representante do concello.
3.- Acordo de adhesión do concello ao pacto territorial de emprego de deza-tabeirós e nomeamento de vogal na asemblea xeral.
4.- Acordo de modificación parcial dos estatutos da mancomunidade de terras de deza.
5.- Moción do grupo municipal mixto sobre colocación de recolectores de reciclaxe en todas as parroquias.
6.- Rogos e preguntas.
O propósito de Cinemas Dixitais é achegar ao público galego produción invisible, obras audiovisuais que non acceden ás plataformas tradicionais de distribución e exhibición. Nos dous primeiros programas este proxecto poñía en contacto co público obras galegas, mais, desde o comezo, non se quería circunscribir unicamente á producción autóctona. Baixo este prisma a Axencia Audiovisual Galega estableceu contacto con organismos similares doutros países para atraer produccións doutras nacionalidades.
Na descarga asociada poderán atopar toda a programación de Cinemas Dixitais en Rodeiro.
Destinado ós rapaces e rapazas do Concello de 7 a 17 anos de idade. Dará comezo o día 30 de xuño e rematará o 11 de xullo. O prazo de inscrición encóntrase aberto ata o día 27 de xuño.
Para realiza-la reserva pódese facer a través do tlf do Centro Cultural Municipal (986 79 03 01) ou no e-mail: cultura@rodeiro.org.
O vindeiro dia 7 de xullo dará comezo o curso de “aplicacións informáticas de xestión” dirixido a persoas maiores de 16 anos con graduado escolar e que estén inscritas no servizo público de emprego. Os alumnos cobrarán unha axuda mínima de 6€ por día de asistencia, cun periodo de prácticas voluntarias en empresas. Ó remate do curso recibirán un diploma acreditativo expedido pola Xunta de Galicia.
Tódalas persoas interesadas neste curso poden informarse ou anotarse na Biblioteca de Rodeiro - 986 79 03 01 -
O Concello convoca unha praza de socorrista para prestar servizos na piscina municipal de Rodeiro na tempada de verán. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro luns día 23 de xuño.
No día de hoxe, luns día 9 de xuño, a partires das 17 horas da tarde, o Sr. conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Don Manuel Vázquez Fernández realizará unha visita oficial ao Concello de Rodeiro. Ás 17,30 horas realizarase un acto público informativo no salón de sesións da Casa do Concello, ao que poden acudir libremente as asociacións e veciños interesados.
A Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o día 6 de xuño do corrente, acordou adxudicar a obra denominada "Abastecemento de auga e saneamento aos núcleos dos lugares de A Torre, Outeiro e Adelán (Guillar) e rúa B de Rodeiro-1ª Fase" ao contratista FERNANDO PENA CARAMÉS, de Siileda, polo prezo de 71.523,33 €. O proxecto está incluído no Programa de obras de saneamento e abastecemento de augas en pequenos núcleos (PSA) e as obras a realizar nesta primeira fase son : Depuradora en Adelán, Abastecemento en Outeiro (captación, conducción e depósito) e Canalización de auga en A Portela.
A Xunta de Goberno Local, continuando cun programa que se está a desenvolver hai varios anos, autorizou un gasto por importe de 2.600,00 € para sufragar os custos das viaxes e seguros de catro nenos/as saharauís que virán pasar as vacacións de verán con familias do Concello, dentro do programa “Vacacións en Paz 2008”, organizado pola ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.
A Excma. Deutación Provincial de Pontevedra convoca prazas para os campamentos de verán 2008. Poderán acudir tódolos rapaces e rapazas que teñan o seu domicilio habitual no Concello e que naceran entre os anos 1995 e 2000. Deberán achegar a documentación antes do 12 de maio. Toda a información adicional (datas, prezo e equipo mínimo) atópanse na descarga adicional.
A Vicepresidencia da Igualdade e benestar, convoca prazas para campamentos de verán neste ano 2008 para persoas discapacitadas.
Ten como obxectivo a integración social de rapaces/as con discapacidade mediante a súa participación nos campamentos de verán e campos de traballo a través de quendas de integración, así como a súa participación en quendas específicas. Prazo máximo ata o 21 de maio.
Toda a información necesaria atópase na descarga asociada.
A Xunta de Goberno Local do Concello, na sesión celebrada o día 10 de abril do corrente, solicitou á Consellería de Cultura e Deporte sendas subvencións por importe de 105.779,83 € e 45.338,69 € respectivamente para o financiamento do 80 % do custe das seguintes actuacións :
- Construción de vestiarios no campo de fútbol de Rodeiro.
- Acondicionamento do pavillón polideportivo e do ximnasio municipal de Rodeiro.
A Xunta de Goberno Local do Concello acordou solicitar unha axuda económica á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, por importe de 588.891,75 €, equivalente ao 80 % do custe da inversión consistente en dotar de dúas novas plantas ao Centro Cultural “Manuel Lamazares” de Rodeiro, ao fin de dotalo de novos espazos para o desenvolvemento das actividades culturais no Concello.
O domingo 16 de marzo tivo lugar con gran éxito en Rodeiro o I Trofeo de Canicross Concello de Rodeiro, proba puntuable para o Circuíto Estatal de Canicross Trofeo Buff-Husse, constituíndo ademais o campionato galego de dita especialidade. A proba desenvolveuse cunha perfecta organización, con notable asistencia de espectadores e nunhas condicións metereolóxicas favorables. Inscribíronse 31 corredores procedentes de diversas comunidades autónomas (Cataluña, Aragón, Madrid, Castilla-León, Castilla-La Mancha, Asturias e Galicia) cos seus correspondentes cans. O gañador absoluto da proba foi Jordi Van Hedel Ramos, de Sabadell, cun tempo de 37 m. 33 s.
O Concello amosa o seu agradecemento aos participantes, voluntarios, colaboradores, patrocinadores, medios de comunicación, protección civil e público asistente pola súa contribución ao éxito da proba e, en especial, ao organizador da proba Roberto Salvado Tejedor (ACADE) e á Unidade Especial de Cans do Corpo Nacional de Policía pola súa magnífica exhibición do importante traballo que desempeña esa unidade especializada.
Con data 20 de febreiro do corrente a Sección Cuarta da Sala do Contencioso-Administrativo do TSX de Galicia dictou sentenza a favor do Concello de Rodeiro no recurso interposto no seu día pola empresa Enerfín S.A. contras as liquidacións practicadas polo Concello en relación co ICIO dos parques eólicos instalados por dita empresa en Rodeiro. A devandita sentenza, pioneira no ámbito galego, acepta case na súa totalidade os argumentos xurídicos do Concello e adopta unha nova xurisprudencia en relación coa inclusión na base do ICIO do valor dos elementos da instalación (aeroxeradores incluídos) como “imprescindibles e consubstanciais” á mesma. A resolución é firme, sendo susceptib le unicamente de recurso de casación en interese de lei ante o T.S., de conformidade co previsto no artigo 100 da LRXCA.