O fomento do emprego e a mellora da empregabilidade, xunto coa difusión dos recursos e da información sobre as políticas vixentes a nivel autonómico e estatal en materia de traballo, son cuestións que abordamos dende o concello.

Por outra banda, é fundamental a promoción do autoemprego e o espírito emprendedor, posto que son a base do avance das economías e as sociedades.

Nos apartados desta web poderá consultar os recursos e as axudas vixentes en cada momento, que se poñen a disposición dos cidadáns a través das políticas activas de emprego en vigor. Tamén poderá navegar polo contido do programa posto en marcha para o fomento do desenvolvemento local no noso ámbito municipal.

Actividades

Formación

A formación é un aspecto clave da mellora da empregabilidade á hora de acceder a un mercado laboral cada días máis especializado e competitivo.

O Concello leva a cabo periodicamente programas de formación para desempregados financiados pola Consellería de Traballo ao abeiro do Plan de Inserción Profesional (FIP).

Emprego no Concello

As políticas activas orientadas ao fomento do emprego público ou institucional xurden do financiamento da Consellería de Traballo. Parten da dobre prespectiva de dinamizar e xerar novas actividades no medio local e rural, e de mellorar a empregabilidade a través da adquisición de experiencia profesional.

Programas mixtos

Estes programas están dirixidos á mellora da empregabilidade das persoas desempregadas que participen neles, a través da súa cualificación profesional. Son as escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego.

O Concello de Rodeiro vén de tramitar ante a Consellería de Traballo e Benestar unha solicitude de axuda para a posta en marcha dun Obradoiro de Emprego no ano 2009. Está orientado a desempregados maiores de 25 anos, contendo un módulo de albanelería, un módulo de fontanería-electricidade, e un módulo de axuda no fogar.

Áreas de empresas / emprendemento

A comunicación dos instrumentos e axudas para favorecer o emprego, o aumento da competitividade e o asesoramento na iniciación de proxectos empresariais informando sobre trámites, viabilidade económica e financieira, son algúns dos servizos que presta o AEDL en relación coa creación de actividade empresarial.

O acompañamento inicial e o asesoramento aos emprendedores ten como obxectivo evitala alta porcentaxe de fracaso empresarial que se produce nos primeiros anos. Non dúbides en aconsellarte, non perdes nada!

No apartado de convocatorias de axudas e novas informaremos dos recursos que existen neste ámbito.

Desenvolvemento local

O programa Leader Galicia 2007-2013
Este programa comprende o conxunto de medidas do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia (PDR). A súa execución correspóndelle ós grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) que se creen en cada territorio de aplicación, no noso caso pertencemos ao GDR-22 que engloba a Comarca do Deza.

Trátase dunha asociación na que rexe o principio de portas abertas. Á da Comarca do Deza denominouse Asociación de Desenvolvemento Rural Terrras do Deza e estableceu a súa sede provisional na Avda. da Estación, 3-Baixo, 36500 Lalín.

Este GDR será quen analice e evalúe os proxectos de cara a súa elixibilidade para optar as axudas que xestione. Calquera persoa física ou xurídica pode optar ás mesmas, que no caso de proxectos produtivos en ningún caso será superior ao 50%.

Ata o 16 de setembro os GDR constituídos presentaron as estratexias de desenvolvemento e aplicación dos fondos para o seu ámbito territorial.

As liñas de axuda abriranse, polo tanto, unha vez aprobados os programas comarcais, previsiblemente no inverno do ano 2008.

No apartado de convocatorias de axudas teremos información actualizada sobre este tema.

Mais información en Agader.

Estudo socioeconómico
No ano 2005 encargouselle a unha empresa a realización dun estudo co fin de ter un documento que servise de base para a reflexión e o deseño de estratexias futuras no eido do desenvolvemento local. Dito estudo, cofinanciado pola Consellería de Traballo, entregouselle ao Concello en decembro de 2005. Logo de consensuar o texto e introducir pequenas modificacións presentouse ao conxunto da veciñanza.

Agora ofrecemos nesta web un resumo do mesmo para a súa difusión e coñecemento.

Obxecto do servizo

A Comunidade Autónoma de Galicia ten asumida a xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego no ámbito do traballo, o emprego e a formación. Concretamente, é a Consellería de Traballo (Decreto 536/2005) quen asume o exercicio das competencias e funcións, entre outras, no relativo ás políticas activas de emprego.
A aplicación destas políticas segue as directrices europeas, que parten da base da importancia que ten a creación de postos de traballo a nivel local a través da innovación e o dinamismo locais.
Neste escenario xurde a colaboración entre a Consellería de Traballo e o Concello de Rodeiro para que, a través do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, se incida na implantación destas políticas relacionadas coa creación de actividade empresarial.
  • Xestionar axudas para favorecer o emprego.
  • Informar á empresas dos instrumentos de promoción e fomento da competivividade.
  • Promover a cultura emprendedora.
  • Comunicar subvencións para formación e emprego á emprendedores e empresas.
  • Facilitar a inserción laboral
  • Observación estratéxica do territorio.
  • Contribuir ó desenvolvemento económico.