25 de Novembro: Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller.

19 Novembro, 2018 Concello de Rodeiro

O vindeiro venres 23 de novembro terá lugar a presentación dos carteis do VIII Concurso de Carteis Igualitarios e darase a coñecer o gañador desta edición. A actividade desenvolverase no salón de actos do Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares” ás 17:00 h.
Recordamos que ata o xoves 22 aínda se poden presentar propostas de carteis para o concurso.

A continuación desta actividade, abriremos un espazo de reflexión e debate conxunto de cara a analizar cos propios veciños e veciñas a situación e percepción da violencia de xénero en Rodeiro.

Dende o Concello de Rodeiro facemos unha chamada á participación nestas actividades aos nosos veciños e veciñas, esperando moi especialmente a asistencia dos diferentes axentes sociais, membros de asociacións, representantes políticos, e mozos e mozas para desta forma manifestar de forma conxunta e como comunidade  a nosa repulsa contra o maltrato e o apoio unánime ás vítimas.