A Deputación de Pontevedra concede unha subvención para financiar os custes de contratación de dezaoito traballadores con cargo ao Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2018

14 Febreiro, 2018 Concello de Rodeiro

En cumprimento da cláusula décimo quinta das Bases e convocatoria do plan de obras e servizos (Plan Concellos) 2018-2019, o Concello de Rodeiro dálle publicidade a axuda concedida pola Deputación de Pontevedra para financiar os custes laborais pola contratación de 18 traballadores por importe de 115.086,36 €, e que levarán a cabo os seguintes servizos:

Servizo de mantemento de servizos básicos municipais

  • 1 administrativo
  • 12 peóns

Servizo de atención á infancia e aos maiores

  • 1 Educador social
  • 1 Traballador social
  • 2 Mestres de educación infantil
  • 1 Monitor do tempo libre