A Deputación Provincial de Pontevedra subvencionou a actuación denominada “Gasto corrente novo”, con cargo ao Plan Concellos 2016

21 Marzo, 2017 Concello de Rodeiro

A Deputación Provincial concedeu ao Concello unha subvención por importe de 30.900,84 € para a actuación denominada “Gasto corrente novo”, con cargo ao Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2016. A axuda foi destinada ao cofinanciamento de actuacións relativas ao mantemento, conservación e arranxo de infraestruturas viarias municipais (subministro de zahorra, pedra e aglomerado) e á recollida e xestión de residuos (tratamento de residuos e combustible do camión recolector).