Anuncio de publicidade da axuda financieira concedida pola Deputación de Pontevedra para contratar 17 desempregados ao abeiro do Plan Concellos 2019

7 Febreiro, 2019 Concello de Rodeiro

A Deputación de Pontevedra concedeu, por resolución da Xunta de Goberno do día 28.01.2019, unha axuda financieira por imprte de 115.862,98€ que irá destinada á contratación laboral de 17 desempregados/as para a prestación de servizos mínimos de competencia municipal, de interese xeral ou social.

Os servizos que se porán en marcha coa contratación destas persoas son os seguintes:

1. “Atención á infancia e aos maiores”.

2. “Mantemento de servizos básicos municipais”.

Edicto da Alcaldia para a publicidade da axuda