Apertura do prazo de solicitude de axudas para o transporte do alumnado que cursa estudos fóra do termo municipal, para o curso lectivo 2016-2017

28 Xuño, 2017 Concello de Rodeiro

Entre os días 29 de xuño e 18 de xullo do corrente, ambos inclusive, estará aberto o prazo de solicitude das axudas para o transporte do alumnado que cursa estudos fóra do termo municipal, para o curso lectivo 2016-2017.

Os interesados deberán presentar no Rexistro municipal a súa solicitude, dentro do prazo establecido e no modelo oficial que se adxunta, acompañada dos documentos preceptivos segundo o disposto na Ordenanza reguladora.

Anuncio BOP

Solicitude axudas transporte alumnado 2016-17-pdf