Apertura do prazo de solicitude de axudas para o transporte do alumnado que cursa estudos fóra do termo municipal, para o curso lectivo 2017-2018

18 Maio, 2018 Concello de Rodeiro

Entre os días 19 de maio e 7 de xuño do corrente, ambos inclusive, estará aberto o prazo de solicitude das axudas para o transporte do alumnado que cursa estudos fóra do termo municipal, para o curso lectivo 2017-2018.

Os interesados deberán presentar no Rexistro municipal a súa solicitude, dentro do prazo establecido e no modelo oficial que se adxunta, acompañada dos documentos preceptivos segundo o disposto na Ordenanza reguladora.

Solicitude-Axudas-Transporte-Alumnado-2017_18 (pdf)

Anuncio BOP (pdf)