Aprobación definitiva do Proxecto de urbanización do polígono único do sector único do S.UR.ND.I.-1

14 Maio, 2018 Concello de Rodeiro

A Xunta de Goberno Local deste Concello, na sesión extraordinaria celebrada o día 3 de maio de 2018, acordou a aprobación definitiva do PROXECTO DE URBANIZACIÓN DO POLÍGONO ÚNICO DO SECTOR ÚNICO DO S.UR.ND.I.-1, presentado pola Xunta de Compensación e redactado polo arquitecto Don Leandro del Río Regos, con data novembro de 2017.

Contra dito acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer, de xeito potestativo, recurso de reposición perante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes contado dende o día seguinte á derradeira publicación.

De non interpoñer recurso potestativo de reposición, o prazo para a interposición do recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do contencioso-administrativo de Pontevedra será de dous meses contados dende o día seguinte á derradeira publicación.

Porén, poderase interpoñer, no seu caso, calquera outro recurso que se estime procedente.