Aprobación inicial do Proxecto de urbanización do polígono único do sector único do S.UR.ND.I-1

12 Febreiro, 2018 Concello de Rodeiro

A Xunta de Goberno Local deste Concello, na sesión extraordinaria celebrada o día 8 de febreiro de 2018, acordou aprobar inicialmente o PROXECTO DE URBANIZACIÓN DO POLÍGONO ÚNICO DO SECTOR ÚNICO DO S.UR.ND.I-1, presentado pola Xunta de Compensación e redactado polo arquitecto Don Leandro del Río Regos, con data novembro de 2017.

De conformidade co disposto no artigo 96.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente completo, xunto coa documentación técnica anteriormente referida, sométese a información pública polo prazo dun mes, anunciándose no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, na web municipal, no Boletín Oficial da Provincia e nun dos xornais de maior circulación na provincia, aos efectos da presentación das alegacións que se estimen oportunas.

A documentación completa do expediente estará ao dispor do público xeral no Servizo de Urbanismo do Concello, de luns a venres, en horario de 8:00 a 14:30 horas.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas, para todas aquelas persoas interesadas directamente afectadas que, por resultar descoñecidas, por ignorarse o seu domicilio ou intentada sen éxito a súa notificación, non poidan ser notificadas persoalmente.