Axudas á natalidade 2017

2 Xaneiro, 2018 Concello de Rodeiro

A Xunta de Goberno Local do Concello, na sesión celebrada o día 30 de decembro de 2017, acordou convocar as axudas á natalidade correspondentes ao ano 2017. O prazo de presentación de solicitudes será entre os días 8 e 31 de xaneiro de 2018, ambos inclusive. Os requisitos para poder optar as axudas así como o modelo de solicitude poden consultarse e descargarse nos arquivos anexos.

Máis información:

 – Bando de natalidade 2017

- Solicitude de axudas a natalildade 2017