Axudas individuais a persoas con discapacidade para servizos de promoción da autonomía e asistencia persoal.

26 Abril, 2017 Concello de Rodeiro

Convocar axudas individuais, de carácter non periódico, destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como á adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, para persoas con discapacidade empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade colaborar neste tipo de gastos, con efectos do 1 de xaneiro de 2017.

Serán financiables só as actuacións que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2017.

Incompatibilidades

Incompatibles coa percepción doutras prestacións do catálogo do SAAD así como a través dun recurso do Sistema Galego de Servizos Sociais incluído como prestación do catálogo do SAAD.

 

Requisitos das persoas beneficiarias

Persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % e pensionistas de incapacidade total, absoluta ou grande invalidez.

Actuacións subvencionables

Adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal

Adquisición de servizos complementarios de asistencial persoal:

  • Asistencia nas necesidades de carácter doméstico e da vivenda.
  • Asistencia nas actividades básicas da vida diaria.
  • Asistencia en xestións administrativas ou doutra natureza fóra do domicilio.
  • Asistencia en actividades de participación social, educativa, laboral ou de lecer.

 

Para una maior información e trámite de solicitudes, dirixirse ao departamento de servizos sociais do Concello ata o día 11 de maio de 2017.