Axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma – Ano 2017

8 Novembro, 2017 Concello de Rodeiro

Obxecto

A concesión de axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que, unha vez finalizada a súa baixa por maternidade ou paternidade, amplíen a contratación da persoa que tiñan contratada para cubrir a dita baixa.

Con esta axuda permitirase que a persoa traballadora por conta propia obteña unha compensación para ampliar durante dezaseis semanas máis a contratación da persoa que tiñan contratada para cubrir a súa substitución durante os períodos de baixa por maternidade ou paternidade, para favorecer a conciliación da súa vida persoal e laboral e facilitar a continuidade do seu proxecto empresarial.

Accións e gastos subvencionables

  1. Será subvencionable a contratación realizada por unha persoa traballadora autónoma unha vez rematada a súa baixa por maternidade ou paternidade, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos na presente orde.
  2. O importe da subvención para compensar a dita contratación será do 100 % da cota empresarial da Seguridade Social, incluídas as de accidentes de traballo e enfermidades profesionais correspondente á persoa contratada durante un máximo de 16 semanas.

Período subvencionable

Serán subvencionables as contratacións que, cumprindo cos requisitos enumerados nas bases reguladoras establecidas no capítulo II desta orde, se realicen entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de outubro de 2017.

Prazo de presentación

Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.. Ata o 27 de novembro de 2017.