Bonificación a traballadores/as por conta propia para conciliación da vida profesional e familiar vinculada á contratación

21 Novembro, 2017 Concello de Rodeiro

Artigo 30-39 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, na redacción dada pola Lei 6/2017, de 24 de outubro, de Reformas Urxentes do Traballo Autónomo (BOE nº 257 do 25/10/2017)

Bonificación a traballadores/as por conta propia por conciliación da vida profesional e familiar vinculada á contratación

Os traballadores incluídos no RE de Autónomos terán dereito, por un prazo de ata doce meses, a unha bonificación do 100 % da cota de autónomos por continxencias comúns, que resulte de aplicar á base media que tivese o traballador nos doce meses anteriores á data na que se acolla a esta medida, o tipo mínimo de cotización vixente en cada momento establecido no citado RE nos seguintes supostos:

  1. Por coidado de menores de doce anos que teñan ao seu cargo.
  2. Por ter ao seu cargo un familiar, por consanguinidad ou afinidade ata o segundo grao inclusive, en situación de dependencia, debidamente acreditada.
  3. Por ter ao seu cargo un familiar, por consanguinidad ou afinidade ata o segundo grao inclusive, con parálise cerebral, enfermidade mental ou discapacidade intelectual cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 por cento ou unha discapacidade física ou sensorial cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %, cando dita discapacidade estea debidamente acreditada, sempre que devandito familiar non desempeñe unha actividade retribuída.

Bonificacións de cotas de Seguridade Social para traballadores autónomos durante o descanso por maternidade, paternidade, adopción, garda con fins de adopción, acollemento, risco durante o embarazo ou risco durante a lactación natural.

A cotización dos traballadores/as incluídos no RE de Autónomos ou no grupo primeiro de cotización do RE do Mar, durante os períodos de descanso por maternidade, paternidade, adopción, garda con fins de adopción, acollemento, risco durante o embarazo ou risco durante a lactación natural, sempre que este período teña unha duración de polo menos un mes, seralle de aplicación unha bonificación do 100 % da cota de autónomos, que resulte de aplicar á base media que tivese o traballador nos doce meses anteriores á data na que se acolla a esta medida, o tipo de cotización establecido como obrigatorio para traballadores incluídos no réxime especial de Seguridade Social que corresponda por razón da súa actividade por conta propia.

Bonificacións ás traballadoras autónomas que se reincorporen ao traballo en determinados supostos

As traballadoras incluídas no RE de Autónomos ou como traballadoras por conta propia no grupo primeiro de cotización do RE do Mar, que, cesando a súa actividade por maternidade, adopción, garda con fins de adopción, acollemento e tutela, volvan realizar unha actividade por conta propia nos dous anos seguintes á data do cesamento, terán dereito a unha bonificación en virtude da cal a súa cota por continxencias comúns, incluída a IT, quedará fixada na contía de 50 € mensuais durante os 12 meses inmediatamente seguintes á data da súa reincorporación ao traballo, sempre que opten por cotizar pola base mínima establecida no RE que corresponda por razón da actividade por conta propia.
Aquelas traballadoras por conta propia que, cumprindo cos requisitos anteriores, optasen por unha base de cotización superior á mínima  poderán aplicarse durante o período antes indicado unha bonificación do 80% sobre a cota por continxencias comúns, sendo a cota para bonificar a resultante de aplicar á base mínima de cotización establecida no RE o tipo mínimo de cotización vixente en cada momento, incluída a IT.

Para máis información e trámite achegarse ás oficinas do instituto nacional da seguridade social.