Campamento de Nadal 2016

13 Decembro, 2016 Concello de Rodeiro
cartel-campamento-de-nadal-concello-rodeiro-01

Este ano o tema a tratar, ademais da temática específica do Nadal durante os primeiros dous días, é unha visión ao mundo natural que nos rodea por medio dos 4 elementos “Terra, auga, aire e fogo” realizando actividades nos días temáticos que terán como base o elemento en particular que sexa no día. Actividades moi dinámicas e divertidas que conseguiran sorprendelos/as á vez que aprenden e participan de forma activa.

Terá lugar de luns a venres do 22 de decembro ao 5 de xaneiro.

A inscrición está aberta ata o 21 de decembro.

A cota de inscrición será de 30€, cun desconto por segundo irmán o que pagará 20€.

Terá que haber un mínimo de 10 participantes e un máximo de 40.

Esta actividade está organizada polo Concello de Rodeiro e colabora a Deputación de Pontevedra.