Campamentos Acción de Verán 2017 da Xunta de Galicia

21 Abril, 2017 Concello de Rodeiro

Tódolos rapaces e rapazas, mozos e mozas de entre 9 e 17 anos poderán apuntarse aos campamentos de verán. Son unha forma divertida e diferente de pasar as vacacións.

As quendas son de entre unha semana e quince días de duración nos meses de xullo e agosto.

Podes escoller o campamento que prefiras en función da túa idade e das actividades que nel se oferten (náuticas, multiaventura…). Cada campamento desenvolverá actividades moi distintas, como poden ser  piragüismo, kaiak, vela, teatro, cine, hípica e o sendeirismo entre outras.

Ofértanse tamén actividades fóra de Galicia: Álava, Estremadura, Castela e León, Rioxa, Madrid e Cantabria. Actividades de multiaventura, náutica, inmersión lingüística en inglés…
Os prezos varían entre os 101€ e os 293 €, con descontos do 50% para familias numerosas e do 25% para usuarios/as  do carné xove.

Para a tramitación será necesario o DNI e/ou Libro de Familia e  tarxeta sanitaria.
Información sobre as actividades ofertadas e tramitación das solicitudes no seguinte enlace: http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran

Tamén  poderán achegarse ao Servizo de Educación Familiar do Concello de Rodeiro.
O prazo remata o día 2 de maio de 2017.