Skip to main content
Novas

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2017

By 26 Abril, 2017Agosto 7th, 2019No Comments

Obxecto:

Procura a integración social de rapaces/as con discapacidade mediante a súa participación nos campamentos de verán e campos de traballo a través de quendas de integración, así como a súa participación en quendas específicas.

Persoas destinatarias:

As que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, cun grao igual ou superior ao 33%, e unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos, segundo se indica en cada unha das quendas.

Requisitos:

  • Ter recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
  • Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos. Ter cumprida a idade mínima ao inicio da quenda e non superar a idade máxima á súa finalización.
  • Estar empadroado nalgún concello de Galicia.
  • Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso  da actividade.
  • Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
  • Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que se solicita.

Campamentos quendas específicas

Prezo xeral: 125 €  | Prezo con Título de familia numerosa: 62,5€  | Prezo con Carné xove:  93,75€

Documentación:

  • Solicitude
  • Xustificante de ter pagado.
  • Copia da tarxeta sanitaria ou do seguro médico privado.
  • Un informe médico actualizado, no caso de haber cambios de saúde importantes ou necesitar algunha atención especial dende que se presentou a solicitude.
  • Copia do carné de familia numerosa ou do carné xove, segundo proceda, no caso de acollerse a algunha destas condicións.
  • Unha fotografía tamaño carné.

Para maior información e trámite de prazas, dirixirse ao departamento de servizos sociais ate o día 2 de maio de 2017