Campamentos polideportivos 2017 “Príncipe Felipe”

28 Marzo, 2017 Concello de Rodeiro

A Deputación de Pontevedra, co obxecto de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social das rapazas e rapaces, que favorecerá á vez a comunicación e o dinamismo multicultural entre eles, organiza un proxecto lúdico e educativo que inclúe a programación e o desenvolvemento de actividades relacionadas coa natureza, deportes, aire libre… e oferta 300 prazas nos campamentos de verán para menores da provincia de Pontevedra nacidos entre os ano 2003 e 2010.

As quendas ofertadas nesta edición son as seguintes:

1ª – Do 10 de xullo ao 15 de xullo.

2ª – Do 17 de xullo ao 22 de xullo.

3ª – Do 24 de xullo ao 29 de xullo.

4ª – Do 07 de agosto ao 12 de agosto.

5ª – Do 14 de agosto ao 19 de agosto.

6ª – Do 21 de agosto ao 26 de agosto.

O prezo desta actividade é de 125 € por neno/a, con descontos para familias numerosas.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 21 de abril.

Toda a información sobre esta actividade e o proceso para realizar a tramitación da solicitude atópase no seguinte enlace:

http://www.depo.es/campamentos-polideportivos.

Para aclarar dúbidas poden acudir ao Servizo de Educación Familiar antes do vindeiro 19 de Abril de 2017.