Campamentos polideportivos 2019 “Príncipe Felipe”

8 Abril, 2019 Concello de Rodeiro

A Deputación de Pontevedra, co obxecto de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social das rapazas e rapaces, que favorecerá á vez a comunicación e o dinamismo multicultural entre eles, organiza un proxecto lúdico e educativo que inclúe a programación e o desenvolvemento de saídas ao medio natural, deportes de equipo, tiro con arco, actividades acuáticas e obradoiros. Ofértanse 300 prazas nos campamentos de verán para menores da provincia de Pontevedra nacidos entre os anos 2005 e 2012, ambos incluídos.

As quendas ofertadas nesta edición son as seguintes:

1ª – Do 8 de xullo ao 13 de xullo.

2ª – Do 15 de xullo ao 20 de xullo.

3ª – Do 22 de xullo ao 27 de xullo.

4ª – Do 05 de agosto ao 10 de agosto.

5ª – Do 12 de agosto ao 17 de agosto.

6ª – Do 19 de agosto ao 24 de agosto.

 

O prezo desta actividade é de 125 € por neno/a, con descontos para familias numerosas.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 15 de abril.

Toda a información sobre esta actividade e o proceso para realizar a tramitación da solicitude atópase no seguinte enlace:

https://www.depo.gal/campamentos-polideportivos

Para aclarar dúbidas e realizar a solicitude poden dirixirse ao Servizo de Educación Familiar municipal,