Campaña “Dalle luz á túa factura”

25 Outubro, 2017 Concello de Rodeiro

Día: 28 de outubro, de 09:30 – 14:00 horas.

Lugar: Parque da Avenida Gumersindo Areán.

A Xunta, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, activa a segunda fase da campaña “Dálle luz á túa factura”, unha iniciativa de divulgación, formación e sensibilización que pretende chegar á cidadanía o contido do recibo eléctrico e consellos para aforrar no consumo de electricidade.

Dita campaña atoparase no Concello de Rodeiro o vindeiro día 28 de outubro, de 09:30 a 14:00 horas, coincidindo co día de feira no núcleo urbano.

Os obxectivos principais que persigue este proxecto son:

  • Facilitar a comprensión da factura da luz utilizando unha linguaxe comprensible para o cidadán, linguaxe non exenta, sen embargo, de rigorosidade.
  • Dar a coñecer os dereitos que nos asisten como consumidores eléctricos.

Para isto elaboráronse distintas ferramentas de comunicación entre as que destaca unha aplicación informática que permite:

  • Coñecer máis detalladamente todos os conceptos relacionados coa factura da electricidade: Prezo Voluntario ao Pequeno Consumidor (PVPC), termo de potencia, discriminación horaria, contadores intelixentes, mercado eléctrico, etc.
  • Diferenciar entre cada un dos axentes do sector eléctrico.
  • Calcular de xeito personalizado o termo de potencia contratada máis aconsellable en función do equipamento da vivenda.
  • Calcular de xeito personalizado a tarifa máis adecuada en función do equipamento da vivenda e do uso do mesmo.
  • Extrapolar os resultados con cuantificación económica e ambiental.
  • Obter consellos de aforro e eficiencia enerxética en iluminación, electrodomésticos, etc.
  • Coñecer os dereitos dos consumidores e ónde se poden formular as reclamacións e trámites relacionados coa factura da luz.

Para acceder á aplicación: http://www.inega.es/informacion/simuladores/

Segue a campaña no Facebook: www.facebook.com/dalleluzatuafactura/