Campaña de sensibilización contra a violencia de xénero

17 Novembro, 2017 Concello de Rodeiro
rompecomaltrato

Esta semana o Concello de Rodeiro pon en marcha unha campaña de sensibilización dirixida a toda a poboación de cara a concienciar e loitar contra a lacra da violencia de xénero.

Para a realización da campaña usouse o cartel gañador da VI edición do concurso de “Carteis Igualitarios” realizado pola Asociación “Mocidade Kambota” no ano 2016 que baixo o lema “rompe có maltrato” expresa unha chamada e un apoio ás mulleres que sofren violencia de xénero para saír desa situación e para denunciala.

Recordamos que aínda está o prazo aberto ata o día 24 para participar no concurso deste ano.

Dentro da campaña de sensibilización tamén se inclúe a distribución de dípticos informativos dos recursos existentes na zona para a atención á muller que sofre malos tratos. Trátase de que a información sobre como actuar e a onde acudir chegue á maior parte da poboación de Rodeiro.