Cine na rúa presenta “Palmeras en la nieve”

6 Xullo, 2018 Concello de Rodeiro

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural de cine na rúa o vindeiro venres 13 de xullo ás 22:00 horas na Praza do Parque. Proxectarase a película “Palmeras en la nieve”. Está recomendada para todos os públicos.

Esta actividade está organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Rodeiro.

FICHA TÉCNICA

Xénero Romántica  Ano: 2015 Rodada en Castelán

Sinopse  No 1953, Kilian abandona o seu fogar na montaña oscense para emprender co seu irmán unha viaxe a Fernando Poo, unha antigua colonia española en Guinea Ecuatorial. Alí espéraos o seu pai, na finca Sampaka, onde cultiva un dos mellores cacaos do mundo. Nese novo mundo descubrirán o significado da amizade, do amor e do odio.

Equipo artístico        

Mario Casas – Killan

Berta Vazquez – Elisia

Adriana Ugarte – Clarence

Equipo técnico

Dirección – Fernando González Molina