Consulta do censo electoral para as vindeiras Eleccións Xerais do día 28 de abril de 2019

8 Marzo, 2019 Concello de Rodeiro

Entre os días 11 e 18 de marzo do corrente, ambos inclusive, estará aberto no Concello o servizo de consulta do censo electoral para as vindeiras eleccións a Cortes Xerais do día 28 de abril de 2019.

Durante dito prazo poderanse formular reclamacións contra a inclusión ou exclusión no censo electoral. As consultas e reclamacións, no seu caso, deberán facerse persoalmente na Secretaría do Concello, achegando a ditos efectos o DNI ou documento oficial equivalente que inclúa fotografía (pasaporte, permiso de conducir, etc.).

Recoméndase a todos os veciños (de xeito especial aos que exercen por primeira vez o seu dereito de voto neste Concello e aos que cambiaran de domicilio nos últimos meses) que comproben a súa inscrición no Concello, ao obxecto de que poidan exercer o seu dereito ao voto nas eleccións do día 28 de abril.

Para calquera información relativa a dito proceso electoral poderán consultar o enlace http://www.interior.gob.es/web/interior/elecciones-generales-2019.