Convocatoria de proceso selectivo para a provisión laboral temporal de tres postos de traballo de auxiliares de axuda no fogar

6 Febreiro, 2018 Concello de Rodeiro

A Xunta de Goberno Local do Concello, na sesión celebrada o día 30 de decembro de 2017, acordou aprobar as Bases que rexerán a convocatoria do proceso selectivo para a provisión laboral temporal de tres prazas de auxiliar de axuda no fogar: 2 a xornada completa e 1 a xornada parcial (20 h./semana).

Os interesados en participar na selección deberán presentar a instancia, no modelo oficial que se contén no anexo, así como toda a documentación esixida nas Bases, tanto a preceptiva como, no seu caso, a susceptible de ser valorada como mérito, con data límite do día 14 de febreiro de 2018.

Solicitude SAF 2018

Anuncio SAF 2018

Bases SAF 2018

Anexo II