Skip to main content
Novas

Curso de preparación das probas libres de ESO

By 3 Outubro, 2017Agosto 7th, 2019No Comments

O Concello de Rodeiro abre de novo o prazo de matrícula para o curso de preparación para os exames libres de cara a obter o título de ESO, que se celebrarán previsiblemente nos meses de maio e setembro do ano 2018.

Esta aula de traballo está especialmente dirixida a aqueles mozos e mozas maiores de 18 anos ou que os cumpran no ano 2018 e  que abandonasen os estudos sen ter o graduado en ESO e queren retomalos  ou  completar a formación básica.

A metodoloxía baséase nos principios da educación de adultos, partindo dos coñecementos previos de cada participante e con un sistema semipresencial. Establécense clases 2 días á semana, a determinar en función das posibilidades dos matriculados/as. O lugar de celebración é o Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares”.

O prazo de matrícula estará aberto ata o vindeiro 20 de outubro.

Ademais, tamén se ofrecerá información e orientación sobre as diferentes vías de retorno ao sistema de educativo, educación de adultos, probas de acceso a ciclos, competencias clave, etc. de forma individualizada.

Para máis información contactar co Servizo de  Educación Familiar. Tfno: 986790185, e-mail: educadora@rodeiro.gal