Curso de preparación das probas libres de ESO

28 Novembro, 2018 Concello de Rodeiro

O Concello de Rodeiro abre de novo o prazo de matrícula para o curso de preparación das probas libres para obter o título de ESO.

As clases serán dous días por semana en horario a concretar, adaptándose ás necesidades dos asistentes.  O grupo de traballo será reducido, con un máximo de 10 participantes.  A metodoloxía centrarase na atención individualizada e na educación de adultos.

Dado os resultados satisfactorios de anos anteriores, animamos a aqueles mozos e mozas que abandonaron prematuramente os estudos a que participen, xa que é unha gran oportunidade para obter o título de ESO ou acceder a un ciclo medio.

O período de matrícula abrangue do día 26 de novembro ao 10 de decembro, ambos inclusive.

Como novidade indicar que ofrecemos tamén formación para aquelas persoas interesadas en preparar as competencias clave necesarias para poder realizar cursos de obtención de certificados de profesionalidade de nivel 2.

As persoas interesadas poden acudir ao Servizo de Educación Familiar Municipal (preguntar por Ana).

Para máis información: educadora@rodeiro.org, tfno.: 986790185.