Depo Aventura a Lanzada 2017

20 Marzo, 2017 Concello de Rodeiro

A institución provincial, co obxecto de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social das rapazas e rapaces e favorecer a comunicación e o dinamismo multicultural, organiza o programa “Depo Aventura A Lanzada” 2017 e oferta 2.200 prazas nos campamentos de verán para menores da provincia de Pontevedra nacidos entre os ano 2004 e 2009.

Este programa ofrece a posibilidade de que as nenas e nenos gocen do seu tempo libre no verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que contribúan ao seu enriquecemento persoal e lles faciliten coñecer outros lugares fóra da súa contorna habitual.

As quendas ofertadas nesta edición son as seguintes:

1ª – Do 25 de xuño ao 1 de xullo.

2ª – Do 2 de xullo ao 8 de xullo.

3ª – Do 9 de xullo ao 15 de xullo.

4ª – Do 16 de xullo ao 22 de xullo.

5ª – Do 23 de xullo ao 29 de xullo.

6ª – Do 30 de xullo ao 5 de agosto.

7ª – Do 6 de agosto ao 12 de agosto.

8ª – Do 13 de agosto ao 19 de agosto.

9ª – Do 20 de agosto ao 26 de agosto.

10ª – Do 27 de agosto ao 2 de setembro.

11ª – Do 3 de setembro ao 9 de setembro.
O prezo desta actividade é de 100 € por neno/a e 80€ por neno/a en casos de familias numerosas. Así mesmo, existen prazas gratuítas reservadas para menores en situación de risco ou exclusión social.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 3 de abril.

Toda a información sobre esta actividade e o proceso para realizar a tramitación da solicitude atópase no seguinte enlace:

http://www.depo.es/depo-aventura

Para aclarar dúbidas poden acudir ao Servizo de Educación Familiar antes do vindeiro 1 de Abril de 2017.