Depo aventura A Lanzada 2018

12 Marzo, 2018 Concello de Rodeiro

A Deputación de Pontevedra, co obxecto de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social das rapazas e rapaces e favorecer a comunicación e o dinamismo multicultural, organiza o programa “Depo Aventura A Lanzada 2018” e oferta 2.200 prazas nos campamentos de verán para menores da provincia de Pontevedra nacidos entre os ano 2005 e 2010.

Este programa ofrece a posibilidade de que as nenas e nenos gocen do seu tempo libre no verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que contribúan ao seu enriquecemento persoal e lles faciliten coñecer outros lugares fóra da súa contorna habitual.

As quendas ofertadas nesta edición son as seguintes:

1ª – Do 24 de xuño ao 30 de xuño.

2ª – Do 1 de xullo ao 7 de xullo.

3ª – Do 8 de xullo ao 14 de xullo.

4ª – Do 15 de xullo ao 21 de xullo.

5ª – Do 22 de xullo ao 28 de xullo.

6ª – Do 29 de xullo ao 4 de agosto.

7ª – Do 5 de agosto ao 11 de agosto.

8ª – Do 12 de agosto ao 18 de agosto.

9ª – Do 19 de agosto ao 25 de agosto.

10ª – Do 26 de agosto ao 1 de setembro.

11 – Do 2 de setembro ao 8 de setembro.
O prezo desta actividade é de 100 € por neno/a e 80€ por neno/a en casos de familias numerosas. Así mesmo, existen prazas gratuítas reservadas para menores en situación de risco ou exclusión social. O Concello de Rodeiro ten adxudicadas 4 prazas de inclusión.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 27 de marzo.

Toda a información sobre esta actividade e o proceso para realizar a tramitación da solicitude atópase no seguinte enlace:

https://www.depo.gal/depo-aventura

Para aclarar dúbidas poden acudir ao Servizo de Educación Familiar Municipal