Depo Aventura A Lanzada 2019

Por 8 Marzo, 2019 Maio 8th, 2019 Novas

A Deputación de Pontevedra, co obxecto de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social das rapazas e rapaces e favorecer a comunicación e o dinamismo multicultural, organiza o programa “Depo Aventura A Lanzada 2019” e oferta 2.200 prazas nos campamentos de verán para menores da provincia de Pontevedra nacidos entre os anos 2006 e 2011.

Este programa ofrece a posibilidade de que as nenas e nenos gocen do seu tempo libre no verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que contribúan ao seu enriquecemento persoal e lles faciliten coñecer outros lugares fóra da súa contorna habitual.

As quendas ofertadas nesta edición son as seguintes:

1ª – Do 23 de xuño ao 29 de xuño.

2ª – Do 30 de xuño ao 6 de xullo.

3ª – Do 7 de xullo ao 13 de xullo.

4ª – Do 14 de xullo ao 20 de xullo.

5ª – Do 21 de xullo ao 27 de xullo.

6ª – Do 28 de xullo ao 3 de agosto.

7ª – Do 4 de agosto ao 10 de agosto.

8ª – Do 11 de agosto ao 17 de agosto.

9ª – Do 18 de agosto ao 24 de agosto.

10ª – Do 25 de agosto ao 31 de agosto.

11 – Do 1 de setembro ao 7 de setembro.

O prezo desta actividade é de 100 € por neno/a e 80€ por neno/a en casos de familias numerosas. Así mesmo, existen prazas gratuítas reservadas para menores en situación de risco ou exclusión social. O Concello de Rodeiro ten adxudicadas 10 prazas, das cales 4 son de inclusión.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 28 de marzo.

Toda a información sobre esta actividade e o proceso para realizar a tramitación da solicitude atópase no seguinte enlace:

https://www.depo.gal/web/edepo/depo-aventura

Para aclarar dúbidas poden acudir ao Servizo de Educación Familiar Municipal.