Día internacional do libro 2019. Miguel Alonso presenta “Literaria”

Por 17 Abril, 2019 Maio 8th, 2019 Novas

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo cantaautor Miguel Alonso o vindeiro martes 23 de abril ás 11:00 horas no Centro Cultural Municipal. Miguel Alonso presenta ao vivo “Literaria”. Trátase dun novo disco onde mestura a súa música coa poesía de distintos autores galegos actuais. Pop-rock, fado ou folk danse a man na súa voz. Vén escoitar a poesía doutro xeito. Está destinada principalmente á mocidade.

Esta actividade está organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Rodeiro con motivo da celebración do Día Internacional do Libro.