Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Programa ler conta moito 2017

27 Marzo, 2017 Concello de Rodeiro
galeatro

O Concello de Rodeiro organiza unha actividade cultural o vindeiro día 30 de marzo ás 11:30 horas no Centro Cultural Municipal con motivo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Galeatro levará a cabo un espectáculo baixo o título de “Comechíns, segundo prato”. É unha sesión de contos onde os cativos espertarán o pracer da lectura a través da imaxinación.

Esta actividade forma parte do Programa Ler conta moito 2017, organizado polo Concello de Rodeiro e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.