Dinamo Teatro presenta “Profundizando na Galiza profunda”. Programa Cultura no Camiño 2018

30 Agosto, 2018 Concello de Rodeiro

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo de Dinamo Teatro o vindeiro venres 31 de agosto ás 22:00 horas no Centro Cultural Municipal. O actor, cómico e monologuista Pedro Brandariz presenta o seu espectáculo “Profundizando na Galiza profunda”. É un monólogo cómico onde se analiza a vida dos galegos en canto á súa cultura, o seu idioma, as súas expresións e a familia. Abordase o carácter morriñento das galegas e galegos, a través das súas expresións, do seu humor, dos seus costumes ou das súas festas. Dende o “guapo, guapo non é pero ten un pelaso”, ata o “ghastas pista? Pasando polas manías dos pais, as obsesións das avoas, ata chegar aos chistes máis máis máis galegos. Está destinado principalmente a un público adulto.

Esta actividade forma parte do Programa Cultura no camiño 2018, organizado polo Concello de Rodeiro e a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.