Elefante elegante presenta “Lobo bobo”

8 Agosto, 2017 Concello de Rodeiro
cartel-lobolobo

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo do grupo Elefante Elegante o vindeiro venres 11 de agosto ás 21:00 horas no Centro Cultural Municipal. Presenta o seu espectáculo “Lobo bobo”. É un espectáculo teatral baseado no xesto e no movemento: fusión de teatro, danza e artes plásticas e visuais. Está destinado principalmente a un público infantil.

Esta actividade forma parte do Programa Cultura no camiño 2017, organizado polo Concello de Rodeiro e a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.