Exposición ao público do Proxecto complementario da rede de camiños principais da Z.C.P. de Val de Camba

11 Setembro, 2017 Concello de Rodeiro

Faise público para xeral coñecemento que ata o día 12 de outubro do corrente permanecerá exposto ao público no Concello o proxecto complementario da rede de camiños principais da zona de concentración parcelaria de Val de Camba, co fin de que poida ser consultado por calquera persoa interesada e asemade poidan formular ante a Consellería do Medio Rural, de ser o caso e por escrito, as observacións e/ou alegacións que estimen convenientes en relación co citado proxecto.

Aviso de exposición zcp-valdecamba