Expresión Producións en Rodeiro. Programa ler conta moito 2017

30 Maio, 2017 Concello de Rodeiro
cartel-cultura-marcos

O Concello de Rodeiro organiza unha actividade cultural o vindeiro día 1 de xuño ás 11:30 horas no Centro Cultural Municipal dentro da campaña de animación á lectura. Expresión producións levará a cabo un espectáculo baixo o título de “Contos máxicos”. É unha sesión de contacontos, títeres e maxia. Interactivo, dinámico e moi divertido.

Esta actividade forma parte do Programa Ler conta moito 2017, organizado polo Concello de Rodeiro e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.