Saltar navegación
Concello de Rodeiro
Fotografías do Concello de Rodeiro
 

Concello de Rodeiro :: Novas

O Concello solicita axuda á Consellería de Medio ambiente, territorio e infraestruturas

01 / 09 / 2010

O Concello ven de solicitar á Consellería de Medio ambiente, territorio e infraestruturas unha axuda para o financiamento de proxectos en materia de xestión de residuos, mitigación ou adaptación ao cambio climático, implantación e mantemento no sistema comunitario de xestión e auditoría, ambientais, así como outras de carácter ambiental.
Dentro deste procemento optouse pola solicitude de tres capítulos nos que incluiría os seguintes proxectos: subvencións para o transporte de residuos sólidos urbanos de bolsa negra ata as estacións de tranferencia ou plantas de xestión máis próximas, subencións para a introducción de melloras na xestión e explotación dos puntos limpos así como a implantación doutras instalación ou equipamentos similares e subvencións para a prevención e recollida selectiva de residuos.

Convocatoria de sesión ordinaria do Pleno do Concello para o vindeiro venres día 30 de xullo de 2010

27 / 07 / 2010

O Sr. alcalde en funcións asinou no día de hoxe a convocatoria da sesión ordinaria do Pleno do Concello que se celebrará o vindeiro venres día 30 de xullo de 2010, ás 17 horas da tarde, no salón de sesións da Casa do Concello, de conformidade coa seguinte Orde do Día :

1º MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR, SOBRE O ACONDICIONAMENTO E LIMPEZA DA RUTA DOS MUÍÑOS.

2º MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR DO CONCELLO DE RODEIRO, RELATIVA Á ELIMINACIÓN DAS BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS QUE CONSTITÚEN UN IMPEDIMENTO PARA ACCEDER AO CENTRO CULTURAL "MANUEL LAMAZARES

3º MOCIÓN DOS GRUPOS MUNICIPAIS SOCIALISTA E B.N.G. DO CONCELLO DE RODEIRO, RELATIVA A LIMPEZA E CONDICIONAMENTO DAS ESTRADAS DE TITULARIDADE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA NESTE CONCELLO.

4º MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR DO CONCELLO DE RODEIRO, RELATIVA CONVOCATORIA INMEDIATA DO PROCESO SELECTIVO PARA A PROVISIÓN DE DÚAS PRAZAS DE AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO E UNHA PRAZA DE CONSERXE DO CPI DE RODEIRO.

5º MOCIÓN DO VOCEIRO DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR RELATIVA AO HORARIO DO CENTROCULTURAL MANUEL LAMAZARES.

6º ROGOS E PREGUNTAS

Aberto por vacacións: comezo o día 2 de agosto

26 / 07 / 2010

Actividade dirixida a nenos e nenas do Concello de Rodeiro con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.
O Obxectivo principal é facilitar a conciliación da vida familiar e laboral en tempos non lectivos.
Terá lugar no local sindical de luns a venres e de 16:00h a 20:00h. Ata o 9 de setembro.
As actividades serán de carácter lúdico-deportivo: xogos, dinámicas, manualidades, actividades deportivas ó aire lbre, fomentando tamén o adestramento en habilidades sociais básicas e o pensamento creativo.
Esta actividade encádrase no Proxecto "Enrédate 10", de apertura do CPI fóra do horario lectivo, cofinanciado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
A realización desta actividade correrá a cargo da empresa ACODE, contando coa colaboración da ANPA "Xulio Lois".
As cuotas establecidas son de 40€ con reducción do 25% por 2º irmán inscrito nas actividades, por condición de familia numerosa ou monoparental e unha reducción do 75% para familias con rendas mínimas.
Ademáis de Aberto por Vacacións, tamén se desenvolverá unha aula de apoio á aprendizaxe, dirixida a aqueles menores que teñen dificultades para acadar os obxetivos propios da etapa na que se atopan.

Para inscribirse ou recibir información máis detallada: 986790185 ou educadora@rodeiro.org (atención de Ana).

Máis información na ligazón recomendada.

Ligazóns recomendadas

XI Campamento Urbano Rodeiro 2010

23 / 06 / 2010

Destinatarios: Rapaces e rapazas do concello de Rodeiro de 6 a 11 anos de idade (grupo 1) e de 12 en adiante (grupo 2)

Datas: Desde o día 28 de xuño ao 9 de xullo de 2010

Actividades:
• VISITA CULTURAL ao Museo Pedagóxico de Galicia en Santiago e Día do Libro coa escritora Amalia Pérez Otero.
• ACTIVIDADES DEPORTIVAS como sendeirismo desde o monte do Gozo a Santiago, deportes alternativos, xogos tradicionais, atletismo, tenis, kárate e Festa da bicicleta.
• ACTIVIDADES ACUÁTICAS no Aquapark de Cerceda, praias fluviais de Vilatuxe e Tapia en Santiago, piscinas de Rodeiro e Antas de Ulla e praia en A Coruña.
• ACAMPADA en A Coruña, con actividades como multiaventura con cordas, orientación, escalada, tirolina, tiro con arco, surf, golf e paintball.
• As actividades programadas serán diferentes para os dous grupos.

Información e inscricións: Centro Cultural Municipal de Rodeiro (Tfno. 986.79.03.01) ou no enderezo cultura@rodeiro.org

Prazo de inscrición: Ata o día 28 de xuño

cota de inscrición: 60 € / 100 € (Reduccións por irmáns)

Máis información na descarga asociada.

Descargas asociadas

Convocatoria de sesión ordinaria do Pleno do Concello para o vindeiro sábado día 26 de xuño de 2010

23 / 06 /2010

O Sr. alcalde asinou no día de hoxe a convocatoria da sesión ordinaria do Pleno do Concello que se celebrará o vindeiro sábado día 26 de xuño de 2010, ás 12 horas da mañá, no salón de sesións da Casa do Concello, de conformidade coa seguinte Orde do Día :
1º APROBACIÓN DO BORRADOR DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR.

2º TOMA DE POSESIÓN DO CONCELLEIRO ELECTO DON RUBÉN PERFECTO QUINTÁ QUINTÁ.

3º APROBACIÓN DO CONVENIO MARCO DE COLABORACIÓN E COOPERACIÓN ENTRE O CONCELLO E A EMPRESA DE TRANSFORMACIÓN AGRARIA S.A. (TRAGSA).

4º APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO E A EMPRESA ECOLOGÍA DE LA BIOMASA S.L. PARA A INSTALACIÓN DUNHA PLANTA DE BIOMASA EN RODEIRO.

5º PROPOSTA DA ALCALDÍA RELATIVA Á DIMINUCIÓN DAS RETRIBUCIÓNS QUE PERCIBE O ALCALDE NUN 6 %.

6º PROPOSTA DA ALCALDÍA RELATIVA Á DIMINUCIÓN DAS RETRIBUCIÓNS QUE PERCIBE O CONCELLEIRO-DELEGADO DE SERVIZOS BÁSICOS NUN 4 %.

7º MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR REFERENTE Á PAVIMENTACIÓN DA PISTA QUE UNE AS ALDEAS DE FAFIÁN E TRASULFE.

8º MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR REFERENTE Á MELLORA DA CAPA DE RODADURA DAS VÍAS, DE TITULARIDADE MUNIICPAL, QUE DISCORREN POLA PARROQUIA DE FAFIÁN.

9º MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR REFERENTE AO HORARIO DO CENTRO CULTURAL MANUEL LAMAZARES.

10º MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR REFERENTE AO REXEITAMENTO DO ANUNCIO DO GOBERNO POLO QUE SE PROPÓN A CONXELACIÓN DAS PENSIÓNS.

11º MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR REFERENTE Á PAVIMENTACIÓN DA VÍA DE ACCESO Á ALDEA DE O COTO, NA PARROQUIA DE SANTA MARIÑA DE PESCOSO.

12º MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR REFERENTE Á PAVIMENTACIÓN DA ESTRADA QUE UNE AS ALDEAS DE FARÁN (ARNEGO) E PEREIRA (SAN MARTIÑO DE ASPERELO).

13º MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR REFERENTE Á REDUCCIÓN DO SALARIO DO CONCELLEIRO DE SERVIZOS BÁSICOS.

14º MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR REFERENTE Á REDUCCIÓN DO SALARIO DO ALCALDE.

15º MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR REFERENTE Á SUBA ELÉCTRICA.

16º MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE INDEPENDENTES DE RODEIRO REFERENTE AO ARRANXO DE PISTAS E REPARACIÓN DE DERRUBAMENTO PRODUCIDO EN SABORÍN.

17º MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR REFERENTE Á REDUCCIÓN DE ASIGNACIÓN A ASISTENCIAS, GRUPOS POLÍTICOS E GASTOS INSTITUCIONAIS.

18º MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR REFERENTE Á PERIODICIDADE DAS SESIÓNS DO PLENO DO CONCELLO.

19º MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR REFERENTE Á CONCOCATORIA DE PROCESOS SELECTIVOS.

20º DESIGNACIÓN DE VOGAL NO PLENO DA MANCOMUNIDADE TERRAS DE DEZA NA REPRESENTACIÓN DO GRUPO MUNIICPAL DO PARTIDO POPULAR.

21º DAR CONTA DOS ESCRITOS PRESENTADOS POLO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR REFERENTES Á DESIGNACIÓN DE VOCEIROS E MEMBROS DAS COMISIÓNS MUNICIPAIS.

22º ROGOS E PREGUNTAS.

TDT satélite para colectivos en risco de exclusión social

10 / 06 / 2010

A Secretaría Xeral de Medios ven de convocar unhas axudas para garantirlle o acceso aos fogares galegos dos colectivos en risco de exclusión social.
As axudas consistirán na entrega ao beneficiario de todo o equipamento necesario para a recepción das canles de TDT a través do satélite.
A instalación incluirá tódalas actuacións que sexan precisas para o correcto funcionamento dos equipos.

Para acceder a estas axudas deberá pertencer a un dos seguintes colectivos:

-   Maiores de 65 anos ou máis e unha dependencia recoñecida de garao II ou III.
- Cun grao de discapacidade do 33% ou superior, constando unha das súas discapacidades de tipo auditivo ou visual.
-   Persoas maiores de 80 anos que vivan soas ou en compaña doutra persoa maior de 80 anos.

O prazo remata o 31 de xullo de 2010.

Máis información na descarga asociada.

Descargas asociadas

Inauguración exposición de Antón Iglesias

10 / 06 / 2010

MarquesadodeRomea
O pintor lalinense Antón Iglesias presenta o venres 11 de xuño ás 20:30 horas no Museo Municipal de Rodeiro a exposición "Colección Marquesado da Romea"

Concesión de subvención por parte do Inega

04 / 06 / 2010

O INEGA resolve concederlle ao Concello de Rodeiro unha contía de 70.000 € para o proxecto de centralización, xestión e reducción do gasto enerxético nas intalación de iluminación pública. Esta axuda foi solicita ao abeiro da Resulución do 21 de outuro de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións e axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética correspondentes ao exercicio 2009 e ao abeiro do convenio subscrito o dia 3 de xullo de 2009

Autorización da firma do convenio PDRS 2009

03 / 06 / 2010

A XGL autorizou no día de hoxe a sinatura dun convenio coa Consellería do Medio Rural para a realización das seguintes obras de infrastructuras agrarias, dentro do programa PDRS 2009:
- Camiño de Failde
- Camiño en Álceme
- Camiño en Carboentes
- Camiño na Torre de Carboentes
- Camiño de Agrosagro a Mesón de Augalevada
- Camiño de San Martiño de Asperelo a Barrio e Couso

Por un importe aproximado de 140.719,29 € achegados íntegramente pola Consellería do Medio Rural

Programa Actívate

12 / 05 /2010

O Concello de Rodeiro ven de adherirse ao Programa "Actívate" da deputación de Pontevedra.
Este programa consiste na oferta dun catálogo de cursos (formativos) dirixidos á xuventude. Pódese consultar este catálogo no seguinte enlace: catálogo de cursos
A participación é gratuita, debendo cubrir a seguinte solicitude: modelo de solicitude e presentalo antes do 12 de xullo no rexistro xeral do Concello.

Máis información web deputación: www.depontevedra.es

Campaña de recollida de roupa e calzado

14 / 04 / 2010

O Concello de Rodeiro pon en marcha unha campaña de recollida de roupa e calzado.
O obxecto desta campaña é a recollida de roupa para a súa posterior entrega a aquelas persoas interesadas en facer uso deste servizo. No caso de que ninguén do Concello solicite este servizo a roupa será doada a outras entidades de iniciativa social.
A roupa e calzado deberán ser entregados en condicións óptimas para o seu uso.
Información:
986790185
educadora@rodeiro.org
medioambiente@rodeiro.org


Hemeroteca: 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010

Formato RSS 2.0
By Abertal
Concello de Rodeiro; Praza da Fonte nº2; 36530 - Pontevedra; Tlfn: 986 790 009