Inspección técnica de vehículos agrícolas

8 Febreiro, 2018 Concello de Rodeiro

Comunícase para coñecemento xeral que a unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas acudirá a prestar servizo no noso Concello entre os días 13 e 22 de febreiro de 2018 nos lugares e horarios que se sinalan a continuación:

CARBOENTES (campo da festa):
– martes día 13 de febreiro
– xoves día 15 de febreiro

SAN SALVADOR (campo da festa)
– venres día 16 de febreiro
– luns día 19 de febreiro

RODEIRO (rúa por debaixo da piscina)
– martes día 20 de febreiro
– mércores día 21 de febreiro
– xoves día 22 de febreiro

O horario será en todos os casos de mañá e tarde (de 09:00 a 13:30  e de 15:15 a 18:00 hs)
Poderán pedir cita previa no teléfono número 902903000 ou a través da páxina web www.sycitv.com.