Mago Benxamín presenta “MENTALITI”. Programa Cultura no camiño 2018

20 Xullo, 2018 Concello de Rodeiro

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo do Mago Benxamín o vindeiro venres 20 de xullo ás 20:00 horas no Centro Cultural Municipal. Presenta o seu espectáculo “Mentaliti”. Trátase dun show familiar totalmente interactivo, onde o mentalismo en clave de humor fai de fío condutor. Ilusións orixinais, co público como protagonista, participando das situacións cómicas. Escena e grandes ilusións tamén teñen o seu protagonismo. Realidade ou ilusión?… cousas da mente. Está destinado a todos os públicos.

Esta actividade forma parte do Programa Cultura no camiño 2018, organizado polo Concello de Rodeiro e a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.