Mago Manuel Lamas presenta “Verán máxico”. Programa Cultura no camiño 2017

1 Agosto, 2017 Concello de Rodeiro
cartel-cultura

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo do mago Manuel Lamas o vindeiro venres 4 de agosto ás 21:00 horas na Praza da Fonte (diante do Concello). Presenta o seu espectáculo “Verán máxico”. O mago fará que o público se sinta protagonista dos diferentes números nos que requerirá a súa participación como improvisados axudantes.

Esta actividade forma parte do Programa Cultura no camiño 2017, organizado polo Concello de Rodeiro e a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.