Marcos Calveiro en Rodeiro. Día internacional do libro

19 Abril, 2017 Concello de Rodeiro
cartel-cultura-marcos

O Concello de Rodeiro organiza unha actividade cultural o vindeiro día 25 de abril ás 11:30 horas no Centro Cultural Municipal con motivo da celebración do Día Internacional do Libro. O escritor Marcos Calveiro levará a cabo un obradoiro creativo baixo o título de “Rinocerontes e quimeras”. É un obradoiro de creación literaria, narrativa en concreto, onde se parte de textos literarios para que os asistentes fagan un traballo creativo.

Esta actividade forma parte do Programa Ler conta moito 2017, organizado polo Concello de Rodeiro e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.