Dende o departamento de agricultura preténdese ter informado ó cidadán de proxectos e axudas que se levan a cabo no noso concello.

Podedes atopar información relacionada co medio rural na web de medio rural da Xunta de Galicia.

177-f-agaderQue é AGADER?

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) é un ente público da Xunta de Galicia que promove e coordina o desenvolvemento rural en Galicia. Este desenvolvemento ten como finalidade mellorar a calidade e condicións de vida dos habitantes do medio rural ao tempo que contribúe á cohesión do territorio galego.

Cando se creou?

AGADER creouse no ano 2000 pola disposición adicional 6ª da Lei 5/2000, de 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo (DOG nº 251, de 29 de decembro) baixo a dependencia da Consellaría de Economía e Facenda e na actualidade está adscrita á Consellaría do Medio Rural.

Cal son as súas funcións?

AGADER elabora estratexias, planifica actuacións, coordina e xestiona recursos destinados ao desenvolvemento do medio rural. Como ente público xestor do programa LEADER en Galicia realiza as tarefas de apoio e de seguimento e control dos programas executados polos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) no noso territorio.
As funcións de AGADER previstas nos seus comezos aparecen recollidas no Decreto 79/2001, de 6 de abril, polo que se aproba o Regulamento da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (DOG nº 77, do 20 de abril).

Decreto 79/2001
Lei 5-2000

179-f-portada_banner

A Xunta de Galicia, a través da Consellaría do Medio Rural, vén de crear o Banco de Terras, para tentar de mobilizar terras agrarias mediante aluguer.

Trátase, polo tanto, de crear riqueza e emprego mediante o arrendamento de fincas agrarias abandonadas ou improdutivas.

Un banco público, onde calquera persoa pode inscribir -de xeito voluntario- as súas fincas, para permitir que sexan arrendadas por períodos máximos de cinco anos.

Un banco público onde aquelas persoas que se dediquen á agricultura poidan arrendar fincas, sabendo en todo momento cales están dispoñibles, a que prezo e en que condicións.

Uns prezos de referencia que resulten interesantes para propietarios e agricultores, que fixará e actualizará cada ano a Xunta de Galicia, coa participación das institucións, organizacións sindicais agrarias e cooperativas.

Un Banco de Terras que lle garanta ao propietario o cobro da renda de aluguer e a devolución da finca nas mesmas condicións de uso cando remate o período de arrendamento.

Bantegal – a web do Banco de Terras

A concentración parcelaria no Concello de Rodeiro é unha necesidade que se vén estudando dende fai moitos anos e promovendo por parte do Concello en acordo cos veciños afectados. Rodeiro a esta data non ten ningunha superficie do seu territorio concentrada.

A partires do ano 2004 o Concello retomou a iniciativa neste tema comezando polas parroquias integrantes do denominado “Val de Camba” onde se celebraron numerosas reunións cos veciños ao obxecto de acadar os asinamentos necesarios para solicitar da Xunta de Galicia o inicio do proceso de concentración parcelaria nas devanditas parroquias.

Conseguido o acordo maioritario dos veciños, iniciouse o proceso de concentración parcelaria nunha zona que abarca catro parroquias do Concello : Camba, Santa Baia de Camba, Río e Fafián, cunha superficie total de 2.146 Ha.

Ata o momento realizáronse os seguintes trámites no proceso de concentración parcelaria, cunha inversión total de 378.935,13 € :
– Con data 2 de agosto de 2004, a entón denominada Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural adxudica o “Estudo de impacto ambiental da zona de concentración parcelaria de Val de Camba” á empresa ICEACSA, por importe de 34.879,13 €.
– Con data 1 de outubro de 2006, a Consellería do Medio Rural adxudica o “Proxecto de colaboración de servizos técnicos para a realización dos estudos sobre preparación do levantamento fotogramétrico, ortofotos color e levantamento por topografía clásica na zona de concentración parcelaria das parroquias de Camba, Río e Fafián” á empresa SIAL INGENIERIA S.L., por importe de 150.000,00 €.
– Coa mesma da anterior, a Consellería do Medio Rural adxudica o “Proxecto de colaboración de servizos técnicos para a realización dos estudos sobre preparación do levantamento fotogramétrico, ortofotos color e levantamento por topografía clásica na zona de concentración parcelaria da parroquia de Santa Baia de Camba” á empresa SERTOGAL S.L., por importe de 110.746,00 €.
– Por Resolución do 24 de xaneiro de 2007 (DOG núm. 32, do 14.02.07) sométese a información pública o estudo de impacto ambiental da concentración parcelaria para a zona de Val de Camba.
– Con data 18 de outubro de 2007, a Consellería do Medio Rural adxudica o “Proxecto de colaboración de servizos técnicos para a realización dos estudos sobre preparación das bases provisionais de concentración parcelaria na zona de Val de Camba” á empresa ESPOAGRO ENXEÑERÍA, por importe de 92.310,00 €.

Non obstante quedan pendente de realización as seguintes fases :

  • Aprobación da Declaración de Impacto Ambiental.
  • Decreto de concentración.
  • Bases provisionais.
  • Bases definitivas (parcelas).
  • Proxecto de concentración.
  • Acordo de concentración parcelaria (fincas).
  • Acta de reorganización da propiedade.

Asemade, estanse a realizar xestións previas e reunións informativas nas parroquias de Guillar e San Cristovo do Az para informar aos veciños da conveniencia de iniciar o proceso de concentración parcelaria de ditas parroquias.

O 4 de setembro publicouse o decreto 207/2008 polo que se declara de utilidade pública e urxente execución a concentración parcelaria da zona de Val de Camba.

Na descarga asociada podedes consultar o decreto.

Decreto 207/2008 - parcelaria Rodeiro

21-f-feiraNo mes de abril vense celebrando en Río a Feira Monográfica da Vaca Rubia.
A esta Feira-exposición acuden máis de 100 animais procedentes dunhas 30 explotacións da comarca e doutros concellos de Galicia.

A presencia dos exemplares realizase mediante selección previa, nos días anteriores á feira, na que os técnicos-veterinarios percorreron explotación por explotación seleccionando os animais que reunían as características da Raza Rubia Galega.

Deste xeito consíguese que a calidade dos animais alí presentados sexa alta, e así evítase, na medida do posible, que acudan á feira outro tipo de gando que non corresponde ás características da raza. Durante o proceso previo, de preselección dos animais, déuselle ós propietarios unhas normas de hixiene e sanidade pecuaria, recolleuse a documentación que debían acompañar, para que no día da feira, os veterinarios oficiais, dependentes da Consellería de Medio Rural, puideran realizar o seu traballo para garantir a legalidade e salubridade do evento.

A Feira

23-f-animaisO día propio da feira, o Concello organizou a recollida dos animais a través de vehículos autorizados, de tal xeito que os animais presentes se atopasen nas mellores condicións de salubridade, de transporte e estancia, cumprindo así as indicacións que, en materia de protección animal, emanan das diferentes administracións.

O recinto, previamente ó asentamento dos animais, recibíu polo persoal do concello, unha limpeza e desinfección, así como un acondicionamento que consiste nunha cama de palla, para unha mellor estancia dos animais no mesmo.

O recinto consta de sistema de amarre dos animais, auga e abrigo das condicións climatolóxicas adversas que puideran presentarse o día da mesma.
O concello, para a organización do evento, contou coa colaboración de veterinarios con diferentes funcións e responsabilidades, de tal xeito que os días previos, un equipo de dous veterinarios, máis un responsable municipal, pecorreron as explotacións.

O día da feira, fórmase un xurado encargado de repartir os diferentes premios.

Premios

24-f-publicoOs premios repartíronse en tres categorías (vacas adultas, vacas de dous a cinco anos e novillas de menos de dous anos) de cinco premios cada unha.

Actividades Paralelas

25-f-tendaUnha vez rematada a entrega de premios tivo lugar unha degustación gratuita de carne ó caldeiro acompañada de pan e viño, ademais os asistentes podían levar a un módico precio unha taza de barro, na feira tamén se podía probar o polbo, prato típico das feiras, nunha carpa acondicionada para a ocasión

Na feira podíase ver ademais unha mostra de productos artesanais expostos nos antigos pendellos da feira.

Peche da Feira

116-f-baileFinalizados tódolos actos da feira as distintas autoridades, todas elas relacionadas co mundo do agro, foron convidadas a un xantar que tivo lugar nun dos recintos da feira.

Esta feira, a Feira da Raza Rubia Galega de Río-Rodeiro (Pontevedra), é fundamental para o desenvolvemento pecuario do noso Concello e da nosa Comarca, e debido á proxección da mesma, a súa consolidación como feira da Raza, é exemplo para o desenrolo da Producción Animal.

Aquí poderedes descargar os polígonos actuais para identificar as parcelas, así coma a súa clasificación.