Dende o Punto Limpo, o lixo poderá ser eficazmente distribuído polas diferentes plantas de tratamento específico para que lle sexa aplicado o seu particular proceso de reciclaxe e evitar, así, a excesiva contaminación.

Este innovador servizo ten o cometido de:

  • Potenciar entre toda a poboación a reutilización e a reciclaxe.
  • Aforrar recursos naturais, auga e enerxía.
  • Facilitar o tratamento axeitado de residuos especiais.
  • Terminar cos vertedoiros de lixo incontrolados.
  • Evitar a contaminación e preservar o noso contorno.

Este novo servizo encárgase da recepción e almacenamento selectivo de todos aqueles residuos que xera un municipio.

Todos aqueles cidadáns que queiran que se lles pase a recoller residuos para o Punto Limpio deben poñerse en contacto co Concello (986 79 01 85).

Mini punto limpo

puntolimpo-aSituado na Avenida Lalín-Monforte.

¿Que se recolle?
– Bombillas de baixo consumo
– CDs e DVDs
– Cartuchos de impresora
– Pequenos residuos de aparatos eléctricos e electrónicos
– Teléfonos móbiles
– Pilas e baterías de móbil

puntolimpo-aSituado na Avenida Lalín-Monforte.

¿Que se recolle?
– Bombillas de baixo consumo
– CDs e DVDs
– Cartuchos de impresora
– Pequenos residuos de aparatos eléctricos e electrónicos
– Teléfonos móbiles
– Pilas e baterías de móbil

Trátase dun servizo posto en marcha pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas con obxeto de implantar un sistema de recollida dos residuos plásticos agrícolas e facilitarlle aos agricultores e gandeiros a súa xestión axeitada.
O servizo ten carácter gratuito.

¿Que tipo de residuos plásticos agrícolas poden ser depositados nos puntos de acopio?
– Plásticos de ensilado
– Plásticos de invernadoiro
– Plástico filme empregado para a proteción dos cultivos.

¿Como funciona o servizo?
Os produtores de residuos plásticos agrícolas poden depositalos nos puntos de acopio situados en:
– A Devesa (Rodeiro)
– Carboentes (Ctra. Rañestras)
– A Ponte (San Salvador)
– Guillar

Deberán estar atados para facilitar o seu almacenamento e transporte.
Está prohibido o depósito de residuos distintos dos plásticos agrícolas fóra de uso.

Na seguinte descarga encontraredes un pdf cos últimos datos da recollida de plásticos agrícolas:

Datos da recollida de plásticos agrícolas.

Os permisos de queima podrán solicitarse por teléfono, no número 902112000, en horario de 08:00 a 20:00 de luns a venres e de 08:00 a 14:00, Sábados, Domingos e festivos. Non se necesita comunicar a queima de restos agrícolas situadas a máis de 400 metros do monte. Cando se trate de queimar nun monte solicitarase permiso no mesmo número e comunicarásenos cando podemos queimar asignándonos un código.

O consumo masivo e inmediato produce unha serie de residuos permanentes e contaminantes coñecidos como Residuos Sólidos Urbanos (RSU).

Mediante un sistema de recollida selectiva de lixo, poderemos aproveitar estes residuos para destinalos a outros usos ou transformalos

Colector Vidro

· Si >> Botellas de vidro, tarros e frascos de conservas, salsas ou marmeladas,…

· Non >> Os tapóns das botellas e botes, fluorescentes e lámpadas, cerámica, botes de medicamentos, espellos ou cristais de ventás, vasos, xerras, copas de vidro…

Colector Papel

· Si >> Caixas de cartón, de cereais, galletas, froitos secos ou de zapatos (sempre pregadas), envases de papel, sobres, diarios, revistas, papel de envolver, os folletos da publicidade, ou mesmo este libriño…

· Non >> Briks e outros envases mixtos de papel e plástico, papeis moi sucios, como o papel de cociña usado, ou os manteis e panos de papel…

Colector Envases Lixeiros

· Si >> Envases de auga mineral, refrescos ou zumes, vasos de iogurt, botes de suavizante, xabrón ou deterxente, latas de bebida ou conserva, briks de leite ou zume, bolsas e envoltorios de plástico, tapóns de botellas,bandexa de porexpán…

· Non >> Aerosois, botes de pinturas ou productos químicos, pneumáticos, pequenos electrodomésticos, cepillos de dentes, luvas de goma, productos informáticos …

Colector Materia Orgánica

· Si >> Restos de verdura, froita, pescado, carne, ósos, cascas de ovos, marisco e comida sólida en xeral, restos de flores e plantas, serrín, tapóns de cortiza, manteis de papel e panos ou papel de cociña usado, compresas ou cueiros usados…

· Non >> Restos que pertenzan a outro tipo de contedor, especialmente os residuos tóxicos ou perigosos, como as pilas.

Recollida urbana de aceite de cociña usado

O concello ten asinado un convenio coa empresa “Procesadora Gallega de Alimentos S.L.” para a recollida urbana de aceite de cociña usado no Concello de Rodeiro.

Os veciños deberán depositar o aceite de cociña usado nos colectores que se encontran nas seguintes ubicacións:
– Rúa A
(á altura do Centro de Saúde).
– Avda. Lalín-Monforte de Rodeiro
(á altura da praza da Fonte e Concello).
– Rúa da Raña de Rodeiro
(á altura do restaurante As Carpinteiras).

Prégase a todos os veciños a que colaboren coa reciclaxe dese residuo contaminante, depositando periódicamente o aceite usado para cociñar nalgún dos colectores establecidos ao efecto, quedando prohibido depositar neles calquera outro tipo de aceite ou calquera outro tipo de residuo diferente.

Estatísticas da recollida de aceite usado 2008

O servizo de acollida de animais domésticos abandonados, contempla a retirada de animais domésticos mortos (cans e gatos) das vías públicas e estradas municipais, así como a recollida de cans abandonados, que serán trasladados ó Centro de Acollida e Protección Animal de Armenteira ( Concello de Meis).

Cando sexa posible a identificación do propietario do animal, comunicaráselle e daráselle un prazo para que poida recuperalo, previo abono dos gastos ocasionados polo mesmo. Se nese prazo o propietario non recolle ó animal entenderase que está abandonado, o cal non exime ó propietario da responsabilidade na que puidese incorrer co seu abandono.

En ningún caso se recollerán animais con propietario sen a existencia dun motivo xustificado que non supoña o abandono indiscriminado ou un desleixo de obrigas por parte do propietario.

As incidencias que se poidan dar por animais de compañía abandonados comunicaranse ó Concello .
Teléfonos para a comunicación de incidencias: 986790009/986790185

No seguinte enlace achégase modelo para a comunicación de incidencias, o cal poden remitir ó concello por correo electrónico: info@rodeiro.org / medioambiente@rodeiro.org

Comunicación de incidencias