Mofa e befa presenta “cociña económica”. Programa cultura no camiño 2017

23 Agosto, 2017 Concello de Rodeiro
mofaebefa

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo do grupo Mofa e Befa o vindeiro venres 25 de agosto ás 21:00 horas no Centro Cultural Municipal. Presenta o seu espectáculo “Cociña económica”. É un espectáculo mítico do dúo cómico formado por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira. Mofa e Befa poñen os seus mandís, arremánganse e métense na cociña a facer o que eles mellor saben, que non é fritir un ovo nin preparar unha caldeirada de peixe, senón cociñar as risas que lle arrincan ao público. Está destinada a todos os públicos.

Esta actividade forma parte do Programa Cultura no camiño 2017, organizado polo Concello de Rodeiro e a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

www.excentricas.net