Novas

25 de Novembro: Día Internacional para a erradicación da violencia contra as mulleres.

O vindeiro venres 24 de novembro terá lugar a presentación dos carteis do VII Concurso de Carteis Igualitarios e darase a coñecer o gañador desta edición. A actividade desenvolverase no salón de actos do Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares” ás 17:00 h. Recordamos que ata o xoves 23 aínda se poden presentar propostas de carteis para o concurso. A continuación desta actividade,  desenvolverase o último vídeo-fórum “E ti que pensas?”, proxecto que se realizou en distintas parroquias do concello a…

Ler máis

Bono social eléctrico

Consiste na aplicación dun desconto de entre o 25%  e o 40 % no importe da factura eléctrica. A primeira condición para acceder, en todos os casos, é ter contratada unha potencia igual ou inferior a 10 Kw e estar acollido á facturación regulada (PVPC) e non en mercado libre. Existen varios rangos económicos, para acceder ás distintas modalidades previstas : consumidor vulnerable, consumidor vulnerable severo e consumidor en risco de exclusión social. Prevese ao mesmo tempo, a non suspensión da…

Ler máis

Unidade móbil de doazón de sangue o vindeiro 28 de novembro

A nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e conservación. Establécese con cada hospital unhas reservas de seguridade de cada grupo sanguíneo e, diariamente, envíanse os compoñentes sanguíneos…

Ler máis

Bonificación a traballadores/as por conta propia para conciliación da vida profesional e familiar vinculada á contratación

Artigo 30-39 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, na redacción dada pola Lei 6/2017, de 24 de outubro, de Reformas Urxentes do Traballo Autónomo (BOE nº 257 do 25/10/2017) Bonificación a traballadores/as por conta propia por conciliación da vida profesional e familiar vinculada á contratación Os traballadores incluídos no RE de Autónomos terán dereito, por un prazo de ata doce meses, a unha bonificación do 100 % da cota de autónomos por continxencias comúns, que resulte…

Ler máis

Programa tecendo lazos

Ata o 5 de decembro continúa aberto o prazo para inscribirse no Programa Tecendo Lazos organizado dende o Departamento de Xuventude e Cohesión Social da Deputación de Pontevedra, a través do que se realizará en Rodeiro un obradoiro de xogos e xoguetes tradicionais no cal maiores e nen@s  compartan e intercambien experiencias e xogos. Nun primeiro momento o obradoiro estaba orientado a nen@s maiores de 10 anos pero agora poden participar menores de calquera idade sempre e cando vaian acompañados…

Ler máis
rompecomaltrato

Campaña de sensibilización contra a violencia de xénero

Esta semana o Concello de Rodeiro pon en marcha unha campaña de sensibilización dirixida a toda a poboación de cara a concienciar e loitar contra a lacra da violencia de xénero. Para a realización da campaña usouse o cartel gañador da VI edición do concurso de “Carteis Igualitarios” realizado pola Asociación “Mocidade Kambota” no ano 2016 que baixo o lema “rompe có maltrato” expresa unha chamada e un apoio ás mulleres que sofren violencia de xénero para saír desa situación…

Ler máis

VII Concurso de Carteis Igualitarios

Este concurso, que se desenvolve dende o ano 2011, é unha das actividades que se promoven dende o concello para sensibilizar á cidadanía en contra da violencia de xénero, así como dar visibilidade á problemática. Invitamos a participar a todos aqueles veciños e veciñas que o desexen, tanto de forma individual como grupal e, moi especialmente, ás asociacións e colectivos sociais do Concello.  Trátase de reflexionar sobre esta grave problemática e amosar o noso total apoio ás vítimas como institución…

Ler máis

Axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma – Ano 2017

Obxecto A concesión de axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que, unha vez finalizada a súa baixa por maternidade ou paternidade, amplíen a contratación da persoa que tiñan contratada para cubrir a dita baixa. Con esta axuda permitirase que a persoa traballadora por conta propia obteña unha compensación para ampliar durante dezaseis semanas máis a contratación da persoa que tiñan contratada para cubrir a súa substitución durante os períodos de baixa por maternidade ou paternidade, para favorecer…

Ler máis

Programa xuntos polo nadal 2017

Este ano ao igual que en anteriores,  preténdese levar a cabo o Programa   “ Xuntos polo Nadal ”; orientado ás persoas maiores (de 60 anos en adiante), que valéndose por se mesmas e contando con escasos recursos económicos, vaian a pasar en soidade as festas de Nadal. Deste xeito, terán a posibilidade de desfrutar duns días de vacacións totalmente gratuítas para os solicitantes con rendas inferiores ó IPREM (537,84 € mensuais) e participación de 50 € no resto dos casos,…

Ler máis
carrtel-taller-de-coaching-familiar-rodeiro

Proxecto equal-camba: “abc da igualdade para as familias” Formación en igualdade para nais e pais. Actividade cofinanciada pola deputación de Pontevedra

Ao longo do mes de novembro e decembro prográmase esta novidosa actividade que se fundamenta nas técnicas de coaching familiar e a educación emocional coma estratexias para abordar a educación dos fillos e fillas baixo os principios da igualdade e o respecto. Desenvolveranse 10 talleres de unha hora e media de duración cada un, distribuídos en dous grupos. O primeiro grupo diríxese a  pais e nais con fill@s que se atopen cursando ensinanzas de educación infantil e primaria e o…

Ler máis

Campaña “Dalle luz á túa factura”

Día: 28 de outubro, de 09:30 – 14:00 horas. Lugar: Parque da Avenida Gumersindo Areán. A Xunta, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, activa a segunda fase da campaña “Dálle luz á túa factura”, unha iniciativa de divulgación, formación e sensibilización que pretende chegar á cidadanía o contido do recibo eléctrico e consellos para aforrar no consumo de electricidade. Dita campaña atoparase no Concello de Rodeiro o vindeiro día 28 de outubro, de 09:30 a 14:00 horas,…

Ler máis
cartel_tecendo-lazos-2017

Programa Tecendo Lazos

O Concello de Rodeiro quere invitar ás distintas xeracións do Concello a participar nun obradoiro de xogos e xoguetes tradicionais; trátase dunha actividade na que os participantes construirán xoguetes tradicionais xuntos, en familia, coa pretensión de dalos a coñecer ós máis pequenos e a súa vez servirá para mostrar a súa historia. Así mesmo, os rapaces e rapazas terán a oportunidade de mostrar os xoguetes e xogos actuais. Este obradoiro forma parte do programa “Tecendo Lazos” do departamento de Xuventude…

Ler máis

Ábrese o prazo para a participación veciñal para o nomeamento das rúas

Ata o día 25 estará aberto o prazo para participar no proceso de darlle nomes ás rúas do casco urbano de Rodeiro. Podedes achegar as vosas propostas a través do mail info@rodeiro.org, chamada telefónica no 986790185, no rexistro do Concello ou ante o alcalde ou a Concelleira de Urbanismo (Cati Somoza) por calquera dos medios de comunicación habituais. No mapa que se adxunta como descarga podedes atopar os 21 treitos dos cales habería que poñer nome a 20 deles. Agradecemos…

Ler máis

Curso de preparación das probas libres de ESO

O Concello de Rodeiro abre de novo o prazo de matrícula para o curso de preparación para os exames libres de cara a obter o título de ESO, que se celebrarán previsiblemente nos meses de maio e setembro do ano 2018. Esta aula de traballo está especialmente dirixida a aqueles mozos e mozas maiores de 18 anos ou que os cumpran no ano 2018 e  que abandonasen os estudos sen ter o graduado en ESO e queren retomalos  ou  completar…

Ler máis

DEPOrte Escolas 2017-2018

O Concello vai participar por quinto ano consecutivo no programa de escolas deportivas provinciais da Deputación Provincial de Pontevedra (DEPOrte Escolas 2017-2018), ofertando as seguintes modalidades deportivas: Fútbol Balonmán Patinaxe As actividades están dirixidas a nenos/as con idades comprendidas entre os 5 e os 15 anos e desenvolveranse entre os meses de outubro de 2017 e maio de 2018 en instalacións de titularidade municipal. A iniciativa é completamente gratuíta para os participantes e o prazo inicial de inscrición remata o…

Ler máis
cursoinformatica

Curso de iniciación informática

O Concello de Rodeiro  dará comezo o vindeiro día 2 de outubro un curso de informática onde se impartirán os coñecementos básicos para uso dun ordenador.  Terá lugar na aula de informática da Latiza. O prazo de inscrición rematará o 29 de setembro. Na descarga asociada poderedes atopar a solicitude para presentar no rexistro do Concello previo pago da taxa de 5€ en calquera das oficinas bancarias de Rodeiro. Máis información: info@rodeiro.org Solicitude curso informatica

Ler máis

Proxecto Equal-Camba: Ciclo de vídeo fórum “E ti que pensas?”

Nos meses de setembro, outubro e novembro desenvolverase nas parroquias do concello un ciclo de vídeo fórum que, baixo o título E ti que pensas?, se abordará a problemática da violencia de xénero e a desigualdade entre homes e mulleres especialmente nas zonas do rural. A actividade consistirá na proxección de material audiovisual e o posterior debate e reflexión sobre o visualizado, así coma na transmisión de información sobre recursos e axudas existentes para as vítimas de violencia. Será unha…

Ler máis

Exposición ao público do Proxecto complementario da rede de camiños principais da Z.C.P. de Val de Camba

Faise público para xeral coñecemento que ata o día 12 de outubro do corrente permanecerá exposto ao público no Concello o proxecto complementario da rede de camiños principais da zona de concentración parcelaria de Val de Camba, co fin de que poida ser consultado por calquera persoa interesada e asemade poidan formular ante a Consellería do Medio Rural, de ser o caso e por escrito, as observacións e/ou alegacións que estimen convenientes en relación co citado proxecto. Aviso de exposición…

Ler máis
mofaebefa

Mofa e befa presenta “cociña económica”. Programa cultura no camiño 2017

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo do grupo Mofa e Befa o vindeiro venres 25 de agosto ás 21:00 horas no Centro Cultural Municipal. Presenta o seu espectáculo “Cociña económica”. É un espectáculo mítico do dúo cómico formado por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira. Mofa e Befa poñen os seus mandís, arremánganse e métense na cociña a facer o que eles mellor saben, que non é fritir un ovo nin preparar unha caldeirada de peixe,…

Ler máis
cartel-cultura

Os quinquilláns presenta “Por que é salgada a auga do mar?”. Programa cultura no camiño 2017

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo do grupo de teatro Os Quinquilláns o vindeiro venres 18 de agosto ás 21:00 horas no Centro Cultural Municipal. Presenta o seu espectáculo “Por que é salgada a auga do mar?”. É un espectáculo teatral onde por fin descubriremos o verdadeiro misterio de por qué é salgada a auga do mar. Tamén nos levará polo fondo mariño para ver cómo están as especies. Está destinado a todos os públicos….

Ler máis

Altas de usuarios/as no Punto de Atención á Infancia (PAI), curso 2017-2018

A Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o día 11 de agosto do corrente, e previo informe-proposta dos Servizos Sociais municipais, acordou dar de alta como usuarios/as do Punto de Atención á Infancia (PAI), curso 2017-2018, aos seguintes solicitantes: USUARIO/A DOMICILIO PUNTUACIÓN GLOBAL XORNADA ADXUDICADA Raúl Valladares Gamallo A Torre de Carboentes-Carboentes 37 Mañá Sara Valladares Gamallo A Torre de Carboentes-Carboentes 37 Mañá Ánxela Albor Neira Vilameá-Negrelos 29 Completa Xosé Presas García Rodeiro-Rodeiro 29 Completa Jorge García Cagiga Rodeiro-Rodeiro…

Ler máis
cartel-lobolobo

Elefante elegante presenta “Lobo bobo”

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo do grupo Elefante Elegante o vindeiro venres 11 de agosto ás 21:00 horas no Centro Cultural Municipal. Presenta o seu espectáculo “Lobo bobo”. É un espectáculo teatral baseado no xesto e no movemento: fusión de teatro, danza e artes plásticas e visuais. Está destinado principalmente a un público infantil. Esta actividade forma parte do Programa Cultura no camiño 2017, organizado polo Concello de Rodeiro e a Agadic (Axencia Galega…

Ler máis
cartel-cultura

Mago Manuel Lamas presenta “Verán máxico”. Programa Cultura no camiño 2017

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo do mago Manuel Lamas o vindeiro venres 4 de agosto ás 21:00 horas na Praza da Fonte (diante do Concello). Presenta o seu espectáculo “Verán máxico”. O mago fará que o público se sinta protagonista dos diferentes números nos que requerirá a súa participación como improvisados axudantes. Esta actividade forma parte do Programa Cultura no camiño 2017, organizado polo Concello de Rodeiro e a Agadic (Axencia Galega das Industrias…

Ler máis
cartel-cultura-recuperado

Alberte montes presenta “galego pode selo calquera”

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo do humorista Alberte Montes o vindeiro venres 28 de xullo ás 21:00 horas no Centro Cultural Municipal. Presenta o seu espectáculo “Galego pode selo calquera”. SINOPSE Ser galego é doado? Depende. Os galegos temos un xeito de ser característico e diferenciado doutros pobos e culturas que nos rodean. Historicamente teñen empregado os tópicos para ridiculizarnos e mofarse de nós, feito que explicaría en parte que arrastremos algo de autoxenreira. Eses…

Ler máis

Apertura de prazo para a presentación de solicitude de praza no Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello de Rodeiro para o vindeiro curso 2017-2018

Usuarios/as: Serán usuarios/as do PAI municipal, os/as menores de idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos, empadroados no Concello de Rodeiro e que non estean en idade de escolarización no centro educativo. Prezos: O custo de cada praza será de 90 € ao mes por neno/a que acuda en xormada completa e 50€ en xornada parcial de mañá ou de tarde. Documentación necesaria para o trámite (orixinal ou copia compulsada): Impreso de solicitude asinado (será facilitado nas oficinas…

Ler máis

Apertura do prazo de solicitude de axudas para o transporte do alumnado que cursa estudos fóra do termo municipal, para o curso lectivo 2016-2017

Entre os días 29 de xuño e 18 de xullo do corrente, ambos inclusive, estará aberto o prazo de solicitude das axudas para o transporte do alumnado que cursa estudos fóra do termo municipal, para o curso lectivo 2016-2017. Os interesados deberán presentar no Rexistro municipal a súa solicitude, dentro do prazo establecido e no modelo oficial que se adxunta, acompañada dos documentos preceptivos segundo o disposto na Ordenanza reguladora. Anuncio BOP Solicitude axudas transporte alumnado 2016-17-pdf

Ler máis