Novas

Campaña de sensibilización contra a violencia de xénero

Esta semana o Concello de Rodeiro pon en marcha unha campaña de sensibilización dirixida a toda a poboación de cara a concienciar e loitar contra a lacra da violencia de xénero. Para a realización da campaña usouse o cartel gañador da VII edición do concurso de “Carteis Igualitarios” realizado polo Grupo Trespés no ano 2017 que baixo o lema “o maltrato silencioso tamén mata” fai fincapé nas distintas accións e condutas que tamén son maltrato e en moitas ocasións pasan…

Ler máis

Sesión informativa sobre teleasistencia domiciliaria

Esta charla informativa que promove a institución provincial ten por obxecto dar a coñecer á veciñanza a importancia do servizo de teleasistencia que ten como obxectivo fundamental permitir a permanencia das persoas usuarias no seu medio de vida habitual e o contacto permanente co seu entorno socio-familiar, evitando o illamento social, a soidade e asegurando a intervención inmediata ante situacións críticas, o que repercute moi positivamente na calidade de vida destas persoas. A teleasistencia domiciliaria permite a persoas de avanzada…

Ler máis

VIII Concurso de Carteis Igualitarios

Este concurso, que se desenvolve dende o ano 2011, é unha das actividades que se promoven dende o concello para sensibilizar á cidadanía en contra da violencia de xénero, así como dar visibilidade á problemática. Invitamos a participar a todos aqueles veciños e veciñas que o desexen, tanto de forma individual como grupal e, moi especialmente, ás asociacións e colectivos sociais do Concello asi coma ás mozas e mozos do mesmo que nos gustaría que nesta edición nos amosasen a…

Ler máis

Actuacións para a mellora do PAI do Concello de Rodeiro

Proxecto cofinanciado a través da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea. Este proxecto tivo como obxectivo principal mellorar e adecuar as infraestruturas do Punto de Atención á Infancia Municipal realizando unha obra menor no cuarto de baño das crianzas. Coa axuda pública concedida de 571,72 €, máis a aportación municipal correspondente, realizouse a colocación de inodoros con cisternas de acumulación de auga de cara a mellorar a eficiencia enerxética das instalacións, así como…

Ler máis

Programa xuntos polo nadal 2018

Este ano ao igual que en anteriores,  preténdese levar a cabo o Programa   “ Xuntos polo Nadal ”; orientado ás persoas maiores (de 60 anos en adiante), que valéndose por si mesmas e contando con escasos recursos económicos, vaian a pasar en soidade as festas de Nadal. Deste xeito, terán a posibilidade de desfrutar duns días de vacacións totalmente gratuítas para os solicitantes con rendas inferiores ó IPREM (537,84 € mensuais) e participación de 50 € no resto dos casos,…

Ler máis

Programa Vacacións en Paz 2019: programa de acollida de nenos e nenas saharauís.

Coma en anos anteriores, o Concello de Rodeiro desexa colaborar activamente na difusión do Programa “Vacacións en Paz 2019”. Este é un proxecto de acollida temporal que ofrece ás familias saharauís a posibilidade de que os seus fillos e as súas fillas  gocen dunha estancia agradable, humana e culturalmente rica, baixo a supervisión e coidados das familias acolledoras galegas, durante os meses de xullo e agosto; o cal permite que estes menores poidan disfrutar do verán sen pasar polas altas…

Ler máis

A gaita na música tradicional galega

A presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva Rego, o deputado de Cultura e Lingua Xosé Leal Fariña e o alcalde de Rodeiro Luís López Diéguez, teñen o pracer de trasladarlle a súa invitación á inauguración da exposición A GAITA NA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA, que terá lugar o venres 5 de outubro, ás 12 h, na Casa da Cultura de Rodeiro. Tras a inauguración haberá un concerto do cuarteto tradicional Chispas Nejras. Máis información.

Ler máis

Odaiko presenta “Mar adiante”. Programa Cultura no camiño 2018

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo de Odaiko o vindeiro xoves 27 de setembro ás 11:30 horas no Centro Cultural Municipal. Odaiko presenta o seu espectáculo “Mar adiante”. É unha proposta teatro musical: os preparativos do barco antes de botarse ao mar, a presentación e designación de Xosé Lois como capitán, o recibimento do público-tripulantes do Arroás e a chegada da mestra María Victoria suceden na cuberta do barco. Begoña Lorenzo é a mestra María…

Ler máis

Manoele de Felisa presenta “A cantar poesía con Manoele de Felisa”. Programa Ler conta moito 2018

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo de Manoele de Felisa o vindeiro xoves 20 de setembro ás 11:30 horas no Centro Cultural Municipal. O cantautor galego presenta o seu espectáculo “A cantar poesía con Manoele de Felisa”. É un espectáculo que achega aos máis pequenos e pequenas ao mundo da poesía dun xeito lúdico e atractivo. María Victoria Moreno, Xosé Neira Vilas, Rosalía de Castro, entre outros, serán algúns dos poetas que coñeceremos a partir…

Ler máis

Proxecto Equal-Camba II: “ABC da igualdade para as familias”. Formación en igualdade para nais e país

O vindeiro 27 de setembro comezará a segunda edición desta actividade que se fundamenta nas técnicas de coaching familiar e a educación emocional coma estratexias para abordar a educación dos fillos e fillas baixo os principios da igualdade e o respecto. Desenvolveranse 8 talleres de unha hora e media de duración cada un, entre os meses de setembro e decembro Que se ofrece a través desta actividade? TALLER DE COACHING FAMILIAR Ferramentas e recursos que axuden a fortalecer as relacións…

Ler máis

Obradoiro sobre o uso do teléfono móbil

Cruz Vermella desenvolverá no Concello de Rodeiro un obradoiro sobre o uso do teléfono móbil dirixido a persoas maiores de 65 anos. O lugar de realización da actividade será o Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares” durante o vindeiro mes de outubro. As persoas interesadas en participar poden inscribirse dirixíndose ao departamento de servizos sociais municipais no teléfono 986790009 ou en Cruz Vermella Lalín (teléfono de contacto 986782581). O obradoiro é totalmente gratuíto, con un límite de 15 participantes. Cartel obradoiro…

Ler máis

Dinamo Teatro presenta “Profundizando na Galiza profunda”. Programa Cultura no Camiño 2018

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo de Dinamo Teatro o vindeiro venres 31 de agosto ás 22:00 horas no Centro Cultural Municipal. O actor, cómico e monologuista Pedro Brandariz presenta o seu espectáculo “Profundizando na Galiza profunda”. É un monólogo cómico onde se analiza a vida dos galegos en canto á súa cultura, o seu idioma, as súas expresións e a familia. Abordase o carácter morriñento das galegas e galegos, a través das súas expresións,…

Ler máis

Axudas básicas de emerxencia 2018

A Deputación de Pontevedra concedeu ao Concello de Rodeiro unha subvención de 5000 € para gastos correntes e de 1400€ para investimentos, solicitada a través da convocatoria de  axudas básicas de emerxencia 2018 (BOPPO do 2 de abril de 2018). O obxectivo de ditas axudas é o de proporcionar aos concellos de menos de 20.000 habitantes apoio económico, de maneira excepcional e extraordinaria, para poder atender as demandas de urxente e puntual necesidade da cidadanía do concello que se atope…

Ler máis

Lila Teatro presenta “Duncan de Palleiro”. Programa Cultura no Camiño 2018

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo da compañía Lila Teatro o vindeiro venres 24 de agosto ás 20:00 horas no Centro Cultural Municipal. Presenta o seu espectáculo “Duncan de Palleiro”. É unha representación teatral sobre como transcorre a vida dun can, pero non dun can calquera. Este can é Duncan de Palleiro, o príncipe das corredoiras. Duncan ama profundamente aos nenos e ás nenas e alí onde vai leva consigo unha grande sorpresa que non…

Ler máis

Convocatoria de becas de carácter xeral do Ministerio de Educación e formación profesional para o curso 2018/2019 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

Dende o 17 de agosto está aberto o prazo para a tramitación das becas de carácter xeral do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, destinadas a aqueles estudantes de niveis postobrigatorios: formación profesional, bacharelato, ensinanzas artística e deportivas, escolas oficiais de idiomas e estudos universitarios, entre outros. O prazo de presentación remata: O 1 de outubro para estudos non universitarios O 15 de outubro para universitarios A tramitación da beca realízase a través de formulario on-line no seguinte enlace: http://www.mecd.gob.es/educacion/mc/becas-generales/2018-2019/inicio.html…

Ler máis

Mago Brais presenta “Máxico Brais. Elementos”.

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo do Mago Brais o vindeiro venres 10 de agosto ás 20:00 horas na Praza do Parque (en caso de choiva no Centro Cultural Municipal). Presenta o seu espectáculo “Elementos”. Trátase dun espectáculo onde se conxugan os elementos da Terra, o Aire e o Lume para levar a cabo aparicións de pombas, coellos, que, da mesma maneira que aparecen, desaparecen. Fixo a súa primeira aparición nun escenario con 6 anos…

Ler máis

Mago Benxamín presenta “MENTALITI”. Programa Cultura no camiño 2018

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo do Mago Benxamín o vindeiro venres 20 de xullo ás 20:00 horas no Centro Cultural Municipal. Presenta o seu espectáculo “Mentaliti”. Trátase dun show familiar totalmente interactivo, onde o mentalismo en clave de humor fai de fío condutor. Ilusións orixinais, co público como protagonista, participando das situacións cómicas. Escena e grandes ilusións tamén teñen o seu protagonismo. Realidade ou ilusión?… cousas da mente. Está destinado a todos os públicos….

Ler máis

Cine na rúa presenta “Palmeras en la nieve”

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural de cine na rúa o vindeiro venres 13 de xullo ás 22:00 horas na Praza do Parque. Proxectarase a película “Palmeras en la nieve”. Está recomendada para todos os públicos. Esta actividade está organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Rodeiro. FICHA TÉCNICA Xénero Romántica  Ano: 2015 Rodada en Castelán Sinopse  No 1953, Kilian abandona o seu fogar na montaña oscense para emprender co seu irmán unha viaxe a Fernando…

Ler máis

Programa de axuda ao alugamento de vivendas

A través da Orde do 22 de xuño de 2018 a Xunta de Galicia convoca, na anualidade de 2018, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa de axuda ao alugamento de vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021. (DOG nº 123 do 28/06/2018). A axuda económica mensual pode chegar ata o 50% do aluguer. A renda da vivenda, para o Concello de Rodeiro, non pode superar os 300€ mensuais. Poderán ser beneficiarios/as aquelas persoas maiores de idade que teñan ou…

Ler máis

Apertura de prazo para a presentación de solicitude de praza no punto de atención á infancia (pai) do concello de rodeiro para o vindeiro curso 2018/2019.

Usuarios/as: serán usuarios/as do PAI municipal, os/as menores de idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos, empadroados no Concello de Rodeiro e que non estean en idade de escolarización no centro educativo. Prezos: O custo de cada praza será de 90 € ao mes por neno/a en xornada completa e 50 € se acode en xornada parcial de mañá ou de tarde. Documentación necesaria para o trámite (orixinal ou copia compulsada): Impreso de solicitude asinado (será facilitado nas…

Ler máis

Excursión para xubilados: Ribadeo, praia das Catedrais e Taramundi

Poderán anotarse á excursión tódalas persoas pensionistas, empadroadas no Concello de Rodeiro (un acompañante por pensionista). Sairemos ás 08:30 horas dende a praza do Concello e regresaremos entorno ás 20:00 horas. O prezo desta excursión é de 15 € por persoa (inclúe autocar, seguro de viaxe, visita aos lugares de Ribadeo,Praia das Catedrais e Taramundi, ademáis do xantar en restaurante dese día). Poderán anotarse e abonala actividade, no Centro Cultural Manuel Lamazares ate o día 17 de xullo de 2018….

Ler máis

Campaña “Separar con xeito, para reciclar a feito”

O vindeiro xoves, día 28, coincidindo coa feira mensual que se celebra en Rodeiro levarase a cabo unha campaña sobre a reciclaxe. O obxectivo desta campaña é fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e reciclaxe. Para elo, todos os que se acheguen á feira poderán recibir información da man de educadores ambientais que estarán á súa disposición na carpa informativa de 10:30 a…

Ler máis

Festa d@ nen@ 2018

O vindeiro domingo día 17 de xuño coincidindo coas festas do San Antonio de Rodeiro, celebrarase a Festa d@ nen@, na que non faltarán inchables, tobogáns, talleres de maquillaxe e tatuaxes e unha gran festa da espuma. Dará comezo ás 17:00h e rematará as 21:00h, as actividades serán totalmente gratuítas.

Ler máis

Programa de turismo social para maiores imserso 2018/2019

Persoas beneficiarias:  Poderán acollerse ó Programa, aquelas persoas que sexan pensionistas e   perceptoras de prestacións  ou subsidios de desemprego  con 60 anos cumpridos (quedan exentos de cumprir esta condición, as persoas que acudan en calidade de cónxuxes), ademais de persoas perceptoras de pensión por viuvedade, con 55 anos. Admitirase como segundo acompañante a un fillo/a con discapacidade, sempre que se presente calificación de minusvalía, cunha porcentaxe mínima do 45%. Destinos e prezos: Ofértanse modalidades distintas, para que os maiores poidan…

Ler máis

Resultado do sorteo público dos premios aos participantes na iniciativa Rodeiro de Tapas 2018

No día de onte realizouse na Casa do Concello o sorteo público dos premios establecidos nas Bases para os participantes da iniciativa Rodeiro de Tapas 2018, nas modalidades de pasaportes e papeletas de votación, co resultado que se contén no documento anexo. Lémbrase que os premios non reclamados/recollidos caducarán aos trinta días naturais, contados a partires da data do sorteo, pasando estes aos designados como reservas. Acta do sorteo dos premios aos participantes

Ler máis

Letras Galegas 2018. Ubu Teatro presenta “Leonardo e os fontaneiros”

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo da compañía de Ubu Teatro o vindeiro venres 1 de xuño ás 11:30 horas no Centro Cultural Municipal. Presenta o seu espectáculo “Leonardo e os fontaneiros”. É un espectáculo teatral baseado no texto homónimo da escritora María Victoria Moreno, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Está destinado principalmente a un público infantil. Esta actividade está organizada polo Concello de Rodeiro e a Deputación…

Ler máis

Apertura do prazo de solicitude de axudas para o transporte do alumnado que cursa estudos fóra do termo municipal, para o curso lectivo 2017-2018

Entre os días 19 de maio e 7 de xuño do corrente, ambos inclusive, estará aberto o prazo de solicitude das axudas para o transporte do alumnado que cursa estudos fóra do termo municipal, para o curso lectivo 2017-2018. Os interesados deberán presentar no Rexistro municipal a súa solicitude, dentro do prazo establecido e no modelo oficial que se adxunta, acompañada dos documentos preceptivos segundo o disposto na Ordenanza reguladora. Solicitude-Axudas-Transporte-Alumnado-2017_18 (pdf) Anuncio BOP (pdf)

Ler máis

Puntuación final e proposta de contratación do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de tres prazas de auxiliar de axuda no fogar

De conformidade co establecido na Base 7ª do proceso selectivo, publícase en documento anexo o resultado final do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de tres prazas de auxiliar de axuda no fogar, así como a proposta de contratación realizada polo tribunal a favor das tres candidatas que acadaron a maior puntuación no dito proceso. Anuncio-Final-SAF

Ler máis

Aprobación definitiva do Proxecto de urbanización do polígono único do sector único do S.UR.ND.I.-1

A Xunta de Goberno Local deste Concello, na sesión extraordinaria celebrada o día 3 de maio de 2018, acordou a aprobación definitiva do PROXECTO DE URBANIZACIÓN DO POLÍGONO ÚNICO DO SECTOR ÚNICO DO S.UR.ND.I.-1, presentado pola Xunta de Compensación e redactado polo arquitecto Don Leandro del Río Regos, con data novembro de 2017. Contra dito acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer, de xeito potestativo, recurso de reposición perante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes…

Ler máis