Novas

Programa benestar en balnearios ano 2018

Beneficiari@s: Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da seguridade social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións. Estar empadroado e residir nalgún concello da comunidade autónoma de galicia. Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos/as ou persoas tuteladas que acudan en calidade de acompañantes. Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin…

Ler máis

Plan de alimentos 2018

O Concello de Rodeiro abre o prazo para realizar a solicitude de acceso ao Plan de Alimentos 2018 para aquelas persoas e unidades familiares que cumpran os requisitos de acceso fixados nas Bases Reguladoras para o acceso ao Plan de Alimentos Procedentes do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), aprobadas en Xunta de Goberno Local a 20 de febreiro de 2013. Como organización asociada de reparto no programa 2018 de axuda alimentaria do fondo de axuda europea para as persoas…

Ler máis

Campamentos. Acción de Verán 2018 da Xunta de Galicia

Tódolos rapaces e rapazas, mozos e mozas de entre 9 e 17 anos poderán apuntarse aos campamentos de verán. Son unha forma divertida e diferente de pasar as vacacións. As quendas son de entre unha semana e quince días de duración nos meses de xullo e agosto. Podes escoller o campamento que prefiras en función da túa idade e das actividades que nel se oferten (náuticas, multiaventura…). Cada campamento desenvolverá actividades moi distintas, como poden ser  piragüismo, kaiak, vela, teatro,…

Ler máis

Plan Termal “Depotermal 2018″ – Deputación de Pontevedra

Obxecto O Plan Termal da Deputación de Pontevedra “Depotermal 2018” pon en marcha dous programas termais cun total de 4.000 prazas. Programa de asistencia diaria a balnearios durante cinco días consecutivos. Programa termal con pernocta (de domingo a venres). Beneficiarias do plan termal, requisitos e documentación a presentar: Persoas empadroadas na provincia de Pontevedra que non padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do plan e que cumpran algún dos seguintes requisitos: Nacer antes do 1 de xaneiro de 1968…

Ler máis

Designación do Tribunal Cualificador do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de tres prazas de auxiliar de axuda no fogar

De conformidade co establecido na Base 5ª do proceso selectivo, a Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o día 07/03/18, acordou, a proposta do alcalde, designar como membros do Tribunal Cualificador do proceso selectivo para a contratación temporal de tres prazas de auxiliar de axuda no fogar ás seguintes persoas: PRESIDENTA Titular: María Lara Hermida Fernández, traballadora social do Concello. Suplente: Natalia Salgado Rodríguez, traballadora social do Concello. VOGAIS Titular: Ana Belén Rodríguez Pérez, educadora familiar do Concello. Suplente:…

Ler máis

Depo aventura A Lanzada 2018

A Deputación de Pontevedra, co obxecto de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social das rapazas e rapaces e favorecer a comunicación e o dinamismo multicultural, organiza o programa “Depo Aventura A Lanzada 2018” e oferta 2.200 prazas nos campamentos de verán para menores da provincia de Pontevedra nacidos entre os ano 2005 e 2010. Este programa ofrece a posibilidade de que as nenas e nenos gocen do seu tempo libre no verán participando en actividades de carácter lúdico,…

Ler máis

Prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero

Obxecto: Proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor, ou da persoa que manteña sobre ela unha relación de dominación para os casos das mulleres vítimas de trata con fin de explotación sexual, e mais a tentar axudalas a romper coa situación de violencia, que lles posibilite dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación en que corren perigo. Requisitos das beneficiarias: Ser muller,…

Ler máis

Campamentos polideportivos 2018 “Príncipe Felipe”

A Deputación de Pontevedra, co obxecto de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social das rapazas e rapaces, que favorecerá á vez a comunicación e o dinamismo multicultural entre eles, organiza un proxecto lúdico e educativo que inclúe a programación e o desenvolvemento de saídas ao medio natural, deportes de equipo, tiro con arco, actividades acuáticas e obradoiros. Ofértanse 300 prazas nos campamentos de verán para menores da provincia de Pontevedra nacidos entre os ano 2004 e 2011, ambos…

Ler máis

Lista provisional de candidatas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para a contratación de tres postos de traballo de auxiliares de axuda no fogar

No documento anexo faise pública a lista provisional de candidatas admitidas e excluídas no proceso selectivo referido, aprobada polo Sr. alcalde con data 26 de febreiro do corrente. As candidatas excluídas dispoñen dun prazo de dous días hábiles para reclamacións e emenda das deficiencias sinaladas. Resolución alcaldía – lista provisional

Ler máis

Proxecto de búsqueda de emprego da Deputación de Pontevedra

A Deputación pon en marcha o programa Depointegra Xoven para integrar no mercado de traballo a 405 mozos de provincia de Pontevedra. No seguinte enlace podedes atopar máis información da iniciativa: https://www.depo.gal/depointegra-xoven . É unha boa inicativa para formarse e tomar contacto cun posible futuro profesional. O día 20 de febreiro, as 11.00h, terá lugar no Espazo Xove en Lalín (Rúa Penatoares, 2) unha xornada de difusión na que as persoas interesadas poidan informarse polo miúdo. Tamén podes consultar calquera…

Ler máis

A Deputación de Pontevedra concede unha subvención para financiar os custes de contratación de dezaoito traballadores con cargo ao Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2018

En cumprimento da cláusula décimo quinta das Bases e convocatoria do plan de obras e servizos (Plan Concellos) 2018-2019, o Concello de Rodeiro dálle publicidade a axuda concedida pola Deputación de Pontevedra para financiar os custes laborais pola contratación de 18 traballadores por importe de 115.086,36 €, e que levarán a cabo os seguintes servizos: Servizo de mantemento de servizos básicos municipais 1 administrativo 12 peóns Servizo de atención á infancia e aos maiores 1 Educador social 1 Traballador social…

Ler máis

Aprobación inicial do Proxecto de urbanización do polígono único do sector único do S.UR.ND.I-1

A Xunta de Goberno Local deste Concello, na sesión extraordinaria celebrada o día 8 de febreiro de 2018, acordou aprobar inicialmente o PROXECTO DE URBANIZACIÓN DO POLÍGONO ÚNICO DO SECTOR ÚNICO DO S.UR.ND.I-1, presentado pola Xunta de Compensación e redactado polo arquitecto Don Leandro del Río Regos, con data novembro de 2017. De conformidade co disposto no artigo 96.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente completo, xunto coa documentación técnica anteriormente referida, sométese…

Ler máis

Inspección técnica de vehículos agrícolas

Comunícase para coñecemento xeral que a unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas acudirá a prestar servizo no noso Concello entre os días 13 e 22 de febreiro de 2018 nos lugares e horarios que se sinalan a continuación: CARBOENTES (campo da festa): – martes día 13 de febreiro – xoves día 15 de febreiro SAN SALVADOR (campo da festa) – venres día 16 de febreiro – luns día 19 de febreiro RODEIRO (rúa por debaixo da piscina) –…

Ler máis

Convocatoria de proceso selectivo para a provisión laboral temporal de tres postos de traballo de auxiliares de axuda no fogar

A Xunta de Goberno Local do Concello, na sesión celebrada o día 30 de decembro de 2017, acordou aprobar as Bases que rexerán a convocatoria do proceso selectivo para a provisión laboral temporal de tres prazas de auxiliar de axuda no fogar: 2 a xornada completa e 1 a xornada parcial (20 h./semana). Os interesados en participar na selección deberán presentar a instancia, no modelo oficial que se contén no anexo, así como toda a documentación esixida nas Bases, tanto…

Ler máis

Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos

(Orde do 29 de decembro de 2017. DOG núm. 22 do 31 de xaneiro de 2018) Obxecto: Establecer as bases e convocatoria para a concesión da prestación familiar por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2018. Persoas beneficiarias: • Persoas que teñan ao seu cargo fillos/as menores de 3 anos na data de 1 de xaneiro de 2018 (nacidos entre o 2/1/2015 e o 1/1/2018, incluídos) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano…

Ler máis

Programa vacacións en paz 2018: acollida de nenos/as saharauís

Coma en anos anteriores, o Concello de Rodeiro desexa colaborar activamente na difusión do Programa “Vacacións en Paz 2018”. Este é un proxecto de acollida temporal que ofrece ás familias saharauís a posibilidade de que os seus fillos e as súas fillas  gocen dunha estancia agradable, humana e culturalmente rica, baixo a supervisión e coidados das familias acolledoras galegas, durante os meses de xullo e agosto; o cal permite que estes menores poidan disfrutar do verán sen pasar polas altas…

Ler máis

Subvencións para actividades culturais e deportivas 2017

No Boletín Oficial da Provincia núm. 19, correspondente ao día de hoxe, figuran publicados os anuncios de convocatoria das subvencións para actividades culturais e para actividades deportivas correspondentes ao ano 2017. O prazo de presentación das solicitudes e da súa xustificación remata o día 7 de marzo de 2018. As asociacións solicitantes das subvencións deberán utilizar os modelos oficiais de solicitude e de conta xustificativa que se poden descargar no enlace anexo. Lémbrase que se debe presentar una solicitude individualizada…

Ler máis

Axudas á natalidade 2017

A Xunta de Goberno Local do Concello, na sesión celebrada o día 30 de decembro de 2017, acordou convocar as axudas á natalidade correspondentes ao ano 2017. O prazo de presentación de solicitudes será entre os días 8 e 31 de xaneiro de 2018, ambos inclusive. Os requisitos para poder optar as axudas así como o modelo de solicitude poden consultarse e descargarse nos arquivos anexos. Máis información:  – Bando de natalidade 2017 – Solicitude de axudas a natalildade 2017

Ler máis

Programa termalismo social – IMSERSO (Balnearios ano 2018)

BENEFICIARIOS: * Poderán acollerse ao Programa, todas aquelas persoas que sexan     pensionistas ou perceptores de prestacións de desemprego e conten cunha idade mínima de 60 anos, 55 anos para perceptores de pensión viuvedade; quedando exentos de cumprir esta condición as persoas que acudan en calidade de cónxuxes. * Asimesmo poderán ser adxudicatarios de praza, os fillos con discapacidade, en grao igual ou superior oa 45% . *  Valerse por se mesmo e non padecer trastornos mentais graves. *  Precisar os…

Ler máis

Actuacións para a mellora do PAI do Concello de Rodeiro

Proxecto cofinanciado a través da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea. Este proxecto tivo como obxectivo principal mellorar o equipamento e mobiliario do PAI do Concello de Rodeiro e con iso a calidade na atención aos menores que acoden a este servizo. Con un orzamento total de 1471,3 €, adquiriuse un moble-librería e caixóns organizadores que permitiu un mellor aproveitamento do espazo da aula central do PAI e unha organización máis eficiente dos…

Ler máis

Jorge mira en Rodeiro. Mes da ciencia na biblioteca 2017

O Concello de Rodeiro organiza unha actividade cultural o vindeiro día 29 de novembro ás 12:30 horas no Centro Cultural Municipal con motivo da celebración do Mes da ciencia nas bibliotecas. Jorge Mira, profesor do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, dará unha conferencia que leva por título “¿A que altura está o ceo?”. É un percorrido histórico pola loita do ser humano por medir e  comprender as dimensións do Universo. Máis información an web de…

Ler máis

25 de Novembro: Día Internacional para a erradicación da violencia contra as mulleres.

O vindeiro venres 24 de novembro terá lugar a presentación dos carteis do VII Concurso de Carteis Igualitarios e darase a coñecer o gañador desta edición. A actividade desenvolverase no salón de actos do Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares” ás 17:00 h. Recordamos que ata o xoves 23 aínda se poden presentar propostas de carteis para o concurso. A continuación desta actividade,  desenvolverase o último vídeo-fórum “E ti que pensas?”, proxecto que se realizou en distintas parroquias do concello a…

Ler máis

Bono social eléctrico

Consiste na aplicación dun desconto de entre o 25%  e o 40 % no importe da factura eléctrica. A primeira condición para acceder, en todos os casos, é ter contratada unha potencia igual ou inferior a 10 Kw e estar acollido á facturación regulada (PVPC) e non en mercado libre. Existen varios rangos económicos, para acceder ás distintas modalidades previstas : consumidor vulnerable, consumidor vulnerable severo e consumidor en risco de exclusión social. Prevese ao mesmo tempo, a non suspensión da…

Ler máis

Unidade móbil de doazón de sangue o vindeiro 28 de novembro

A nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e conservación. Establécese con cada hospital unhas reservas de seguridade de cada grupo sanguíneo e, diariamente, envíanse os compoñentes sanguíneos…

Ler máis

Bonificación a traballadores/as por conta propia para conciliación da vida profesional e familiar vinculada á contratación

Artigo 30-39 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, na redacción dada pola Lei 6/2017, de 24 de outubro, de Reformas Urxentes do Traballo Autónomo (BOE nº 257 do 25/10/2017) Bonificación a traballadores/as por conta propia por conciliación da vida profesional e familiar vinculada á contratación Os traballadores incluídos no RE de Autónomos terán dereito, por un prazo de ata doce meses, a unha bonificación do 100 % da cota de autónomos por continxencias comúns, que resulte…

Ler máis

Programa tecendo lazos

Ata o 5 de decembro continúa aberto o prazo para inscribirse no Programa Tecendo Lazos organizado dende o Departamento de Xuventude e Cohesión Social da Deputación de Pontevedra, a través do que se realizará en Rodeiro un obradoiro de xogos e xoguetes tradicionais no cal maiores e nen@s  compartan e intercambien experiencias e xogos. Nun primeiro momento o obradoiro estaba orientado a nen@s maiores de 10 anos pero agora poden participar menores de calquera idade sempre e cando vaian acompañados…

Ler máis