Novas

VISITA A SOGAMA

Os alumnos de 5º e 6º de Primaria do Colexio Público Integrado de Rodeiro visitaron as instalacións de SOGAMA en Cerceda. Esta actividade enmárcase dentro do plan de sensibilización medioambiental promovido pola Concellería de medio ambiente do Concello de Rodeiro e cuia principal finalidade é a concienciación cidadá da problemática da xeración de residuos, así como a súa axeitada separación. Outras actividades que tiveron como principais destinatarios aos máis cativos foron as charlas impartidas pola técnica municipal de medio ambiente…

Ler máis

Sorteo mesas electorais

O vindeiro luns día 11 de Febreiro, ás 13 horas da mañá, celebrarase no salón de sesións da casa do concello o sorteo público para o nomeamento dos membros titulares e suplentes das mesas electorais do concello para as vindeiras eleccións xerais do día 9 de Marzo de 2008, de conformidade co previsto no artigo 26.4 da lei orgánica de réxime electoral xeral (LOREG).

Ler máis

ESTUDO ARQUEOLÓXICO SOBRE A TULLA DE FAFIÁN

A Tulla de Fafián constitúe, segundo se recolle nun recente estudo arqueolóxico, unha construción de orixe medieval propiedade dos Condes de Maceda da que se descoñece a data de construción e que posteriormente foi empregada como lugar de recaudación de impostos. Na actualidade consérvase tanto a estrutura xeral da casa como os almacéns para gran, aínda que está deshabitada e en proceso de ruína coa fachada derrubada. O Concello la pretende adquirila en breve para realizar unha rehabilitación integral.

Ler máis