Benvida do Alcalde

Os tempos que vivimos na denominada sociedade dixital da cal formamos parte obrigada e esta xa forma parte de nás, a través da cal temos acceso de maneira infinita a recursos que antes eran inaccesibles para moitos, queremos a través de este portal facilitar o acceso a información á que podida ser do seu interese, este novo modelo de administración axuda ao noso pobo a crecer e ter un medio de contacto máis axeitado coa súa administración local.

No Concello de Rodeiro somos conscientes dos cambios e queremos que os nosos veciños teñan a posibilidade de acercarse a nós e plantexarnos as súas inquedanzas. Por iso, poñemos en marcha o noso novo portal, máis ameno e amigable mediante o cal poderá solicitar información e poñerse en contacto coa nosa administración de xeito director cos distintos departamentos que as conforman.

Pola outra banda, queremos ofrecer aos nosos visitantes unha ventá pola cal poderá coñecer de maneira máis acertada o noso concello.

Benvido a nosa terra, Benvido ao noso concello.

Luís López Diéguez

Alcalde de Rodeiro

01_Concello