Obradoiro sobre o uso do teléfono móbil

6 Setembro, 2018 Concello de Rodeiro

Cruz Vermella desenvolverá no Concello de Rodeiro un obradoiro sobre o uso do teléfono móbil dirixido a persoas maiores de 65 anos.

O lugar de realización da actividade será o Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares” durante o vindeiro mes de outubro.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse dirixíndose ao departamento de servizos sociais municipais no teléfono 986790009 ou en Cruz Vermella Lalín (teléfono de contacto 986782581).

O obradoiro é totalmente gratuíto, con un límite de 15 participantes.

Cartel obradoiro móbiles