Odaiko presenta “Mar adiante”. Programa Cultura no camiño 2018

24 Setembro, 2018 Concello de Rodeiro

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo de Odaiko o vindeiro xoves 27 de setembro ás 11:30 horas no Centro Cultural Municipal. Odaiko presenta o seu espectáculo “Mar adiante”. É unha proposta teatro musical: os preparativos do barco antes de botarse ao mar, a presentación e designación de Xosé Lois como capitán, o recibimento do público-tripulantes do Arroás e a chegada da mestra María Victoria suceden na cuberta do barco.

Begoña Lorenzo é a mestra María Victoria.

Inacio Vilariño é o carpinteiro de ribeira Miguel.

Juan Collazo é o capitán Xosé Luís.

Está destinada principalmente a un público infantil e xuvenil.

Esta actividade forma parte do Programa Cultura no camiño 2018, organizado polo Concello de Rodeiro e a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.